Información
Galicia

Carril acusa a Feixóo de gobernar para as multinacionais e os fondos de inversión e en contra do sector e do emprego en Galiza

Información
11 Abril 2019 445 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Delegados e delegadas da CIG-Industria percorreron este mércores as rúas de Compostela, desde a facultade de Dereito da USC até a Xunta en defensa do sector industrial e, nomeadamente, de sectores estratéxicos para a economía galega como o da industria electrointensiva, o sector naval ou o sector da automoción.

A mobilización desenvolveuse ao remate dunha masiva asemblea nacional na que se debateron as alternativas que a CIG vén defendendo nas institucións e nas rúas e que foron presentadas nas comarcas polo secretario nacional Xoán Xosé Bouzas, María Xosé García, responsábel de automoción, Xulio Moscovich, responsábel do sector das electrointensivas e Mercedes Domínguez, secretaria de Organización da federación.

Na asemblea, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, chamou a tomar as rúas, o vindeiro 1º de Maio, para exixir “un cambio real e profundo nas políticas executadas coa escusa da crise e coas que vemos  medrar a pobreza laboral, a perda do poder adquisitivo dos salarios e o aumento  da desigualdade social”.

Retratou a grave situación na que se atopa a clase traballadora galega, onde “un 32% de traballadores/as non chegan ao SMI, aos 700 euros e máis de 302.000 traballadores e traballadoras menores de 36 anos non chegan ao salario medio anual galego que, xa de por si, está 15,5 puntos por baixo da media estatal”.

Denunciou as novas formas de explotación laboral introducidas coas reformas laborais: falsos autónomos, empresas multiservizos, ETTs ou centros especiais de emprego, entre outras que “están a fomentar un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora e un afondamento das discriminacións de xénero”. Mais tamén que o 71% da ocupación é no sector servizos, “paradigma das contratacións temporais, das contratacións que duran horas, semanas, máximo 1 mes”.

20.000 traballadores/as menos na Industria en 10 anos

Fronte a isto, o secretario xeral da CIG denunciou que porén, no sector industrial, desde 2009, hai 20.000 persoas menos traballando. Por iso considerou “crítica” a situación xeral, máis coa crise da industria electrointesiva (Alcoa ou FerroAtlántica de Cee e Sabón); co ERE de Citröen ou os EREs da industria auxiliar do automóbil; o anuncio do peche de Poligal e da Central Térmica de Meirama.  Todos eles “exemplos  do  proceso de desertización  industrial  que  desde hai anos veñen provocando as políticas neoliberais, executadas sen miramentos, polo Goberno galego, polo Goberno español, sexan estes do PSOE ou  do PP”.

Acusou ao goberno español de “marxinar” e “desprezar” a Galiza, como “evidenciou co Proxecto fallido de Orzamentos do Estado para 2019 que PSOE e Podemos tiñan acordado” e ao goberno de Pedro Sánchez,  de non ter “intención real de cambiar estas políticas, nin as das nocivas reformas laborais, nin as das políticas económicas neoliberais que manteñen este sistema de economía especulativa, negador da economía produtiva, que para nos significa desmantelamento da nosa industria,  deslocalización de empresas ou a entrada a saco de Fondos de Investimento estranxeiros en sectores clave da nosa industria galega”.

“Postureo” do Presidente da Xunta

Carril cualificou de “postureo, a actitude do Presidente da Xunta que “vive acomodado no seu papel de servil criado a estas políticas antisociais e antigalegas que veñen de Madrid e Bruxelas, aínda que disfrazado nun discurso fraudulentamente crítico contra o Goberno de Madrid, como se el fose alguén que acaba de chegar, que non ten responsabilidades no que está a suceder”. Denunciou que coas súas accións “está a demostrar que non ten vontade de facer nada para evitar o dano que están a provocar estas políticas neoliberais, nin para frear a grave emerxencia nacional e social” que atravesa Galiza.

Acusou ademais a Feixóo de ter cada día “máis complexos e máis vergonza de ser galego” e denunciou que está máis preocupado en envolverse na bandeira de España para competir con VOX e Ciudadanos “para ver quien es mejor español mentres  se nega a exercer nin unha soa das competencias que ten como Goberno”.

Denunciou que, en todo caso, cando as exerce “é para aprobar duras políticas en favor das multinacionais e dos fondos de inversión” promovendo privatizacións e recortes nos servizos públicos ou facilitando, a través da chamada Lei de Fomento Empresarial e das súas Políticas Industriais, “ser competitivos a través de termos baixos salarios, de que se expolien os nosos recursos enerxéticos e naturais para favorecer o emprego e a industria doutros territorios do Estado español, mentres en Galiza, a perda de emprego, e a constante emigración, especialmente da nosa mocidade, están á orde do día”.

Colaboración de Xunta e patronal ante a crise industrial

Paulo Carril denunciou tamén a colaboración da Xunta e a Patronal, coa sua pasividade, ante esta grave situación industrial que temos en Galiza. “Calan ante a negativa da inversión en Meirama de Naturgy, de Fenosa, co que representa no noso País; quedan de brazos cruzados ante o que sucede en Alcoa e FerroAtlántica, resístense a actuar no conflito de Poligal” dixo, mais denunciou que, porén “utilizan a probremática de ENCE como cortina de fume á sua submisión a ENCE, para seguir negándose a conseguir un transalado das actuais instalacións para a continuidade dos postos de traballo, nunha industria que peche e complete o proceso produtivo en Galiza e con ilo tamén teñamos unha auténtica industria de transformación da nosa masa forestal”.

Combate, resistencia e propostas

Fronte a esta situación asumiu a responsabilidade de tomar a inciativa, “na nosa mellor tradición de loita e combate, combinamos a resistencia coa capacidade de facer propostas”, entre as que salientou o Programa da CIG en materia laboral e social; as 100 Medidas para a Criación de Emprego en Galiza; a Proposta para unha Tarifa Eléctrica Galega ou as medidas para a xestión pública dos salatos e aproveitamentos hidroeléctricos en Galiza, todas elas Iniciativas Lexislativas Populares promovidas pola CIG.

Xunto a isto defendeu un Plan de industrialización desde o sector público que “potencie e vertebre a industria galega, que priorice as inversións feitas por forzas sociais galegas fronte ás inversións estranxerias”. Unha industrialización, explicou, na que a explotación dos moitos recursos que temos dispoñíbeis no noso País estean ao servizo de crear emprego, completar os ciclos produtivos, aumentar o valor engadido en sectores básicos da nosa economía, diversificar as nosas capacidades industriais, procurar un mellor equilibrio territorial e medioambiental e “ao servizo dunha rendabilidade social e non privada”.

Propostas que considerou que sentarán as bases para un desenvolvemento económico e social que xeraría valor engadido, evitaría a destrucción de emprego e a emigración,  consolidaría o respecto polos direitos laborais e a mellora das condicións de traballo.

En todo caso considerou que para que se materialicen estas propostas todo pasa porque haxa unha correlación de forzas favorabel, “que haxa vontade política de apostar pola soberanía, pola nosa capacidade de decidir”, fronte o “fracaso o fracaso do sistema autonómico español” que chamou a superar “xa que se ten monstrado claramente contrario á clase traballadora galega, conducíndonos á consolidación dunha situación social, sen saída, sen posibilidades de avanzar en direitos nen na criación de emprego digno”.

Considerou que as próximas convocatorias electorais son unha oportunidade cambiar esta realidade e que ese cambio pasa porque “creamos nas nosas proprias capacidades colectivas como clase traballadora e como pobo galego”. Por iso chamou a “ser conscientes de que as saídas para o noso futuro pasan por apostar nas forzas políticas proprias, autenticamente galegas, nacionalistas e de esquerdas, de teoría e de acción, que defendan os nosos intereses como clase traballadora galega, sen complexos de nengún tipo e sen sumisións a Madrid”.

Mais tamén advertiu de que para poder avanzar “dependemos da nosa capacidade de nos organizar e mobilizar socialmente, de intensificar a loita obreira e popular, porque é desde onde debemos seguir dando a resposta para forzar os cambios necesarios para conquistar políticas alternativas coas que na Galiza teñamos emprego, salarios e pensións dignas”, concluíu.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+