Información
Galicia

Villoslada acusa ao goberno galego de “utilizar a transparencia como recurso de márketing” para “ocultar a corrupción”

Información
17 Abril 2019 743 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, denunciou hoxe a “tomadura de pelo” da suposta loita contra a corrupción por parte do PP e do goberno galego. Así o dixo logo de que o PP vetara na Comisión de Xustiza do Parlamento unha proposta socialista para poñer en marcha un plan integral de formación en materia de prevención e control da corrupción para empregados públicos.

 

O responsable socialista acusou ao goberno galego de “utilizar a transparencia como recurso de márketing” para “ocultar a corrupción” e evitar render contas dunha situación na que “no PP houbo e hai mestres avantaxados”. Lembrou que a proposta que rexeitaron hoxe estaba incluída no Protocolo de colaboración de 2018 entre a Xunta e o Consello de Contas para a implantación e seguimento de plans de prevención de riscos da corrupción no sector público.

Díaz Villoslada lamentou a falla de autocrítica por parte do PP, que “nunca serán capaces de recoñecer os erros nin de facer autoemenda para rexenerar este país”. Como exemplo sinalou que no seu programa electoral “introducen unha única medida anticorrupción, que é a regulación dos grupos de interese”, xusto despois de que o PP rexeitara esa mesma iniciativa presentada polo Grupo Socialista no último Pleno do Parlamento.

Advertiu que de acordo co Consello Xeral do Poder Xudicial, en 4 anos houbo máis de 2.000 procesados en toda España entre gobernantes políticos e funcionarios públicos por unha lacra que supón o 8 por cento do PIB, o dobre da media da UE. De acordo con Transparencia Internacional, España atópase no posto 41, ao nivel de Letonia, Xeorxia ou as Illas Granadinas, lonxe de Holanda, Dinamarca, Reino Unido ou Finlandia, onde a fraude supón o 2 por cento do PIB.

Otros articulos relacionados.....

Feijóo y su amigo Marcia Dourado PPdeG y sus amistades "de la droga" familiarizados con Feijóo y Rajoy que asistía a reuniones orgánicas.

atentadodelPPdeGenlaXuntacontralosdominisopuntogal

19 May 2019 11:37

La Autoridad Portuaria retrasará hasta las 6:00 horas de la mañana...

Agenda de Galicia
18 May 2019 12:36

A Piscina Municipal Santa Isabel en Santiago de Compostela...

Agenda de Galicia
17 May 2019 10:52

Vilagarcía xa ten todo listo para celebrar as súas primeiras...

Agenda de Galicia
17 May 2019 10:41

Ante os diferentes incumprimentos por parte da Consellería...

Agenda de Galicia
17 May 2019 07:18

O próximo dia 10 entre as 10,30 e as 12:30 horas terá lugar,...

Agenda de Galicia