Información
Galicia

Ana Pontón: “Feixóo non pode calar, ten que explicar se comparte a doutrina machista da señora Cayetana”

Información
18 Abril 2019 1645 votos

A portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “indecentes” as declaracións da candidata do PP, Cayetana Alvarez de Toledo, no debate de TVE cando aludiu “a cousa esta do feminismo (sic)” banalizando a loita de milleiros de mulleres contra a violencia machista e a favor da igualdade real. Pontón pide a Feixóo que aclare se o “supremacismo feminista” do que fala é o discurso machista da candidata do seu partido.

Cayetana Álvarez de Toledo e Pablo Casado
Cayetana Álvarez de Toledo e Pablo Casado

Pide o voto para o BNG “porque en Galiza estamos disputando os escanos a esa dereita carca e machista que quere levarnos ás cavernas”

“Esas declaracións dan vergoña, só lle falto dicir que a culpa da violencia contra as mulleres é responsabilidade nosa”, condenou

“Fixo unhas declaracións que son unha vergoña para as mulleres, inconcibibles en pleno século XX, e o que lle pido a Feixóo é que aclare se comparte esas declaracións da súa candidata que só lle faltou dicir que a culpa de que violen ás mulleres é porque levamos a saía moi curta. É a pinga que colma o vaso que a estas alturas aínda teñamos que soportar este tipo de declaracións”.

Pontón lembra que as galegas “acabamos de protagonizar un 8M masivo onde deixamos moi claro que estamos fartas de desigualdade e non é tolerable que vexamos a unha candidata do PP case que xustificando a violencia contra as mulleres e culpabilizando as propias mulleres da existencia desa violencia”, recriminou.

Ante unhas declaracións deste tipo, o presidente do PPdeG non pode poñerse de perfil. “Non pode calar, ten que dicirnos se comparte ou non estas declaracións”, indicou, ao tempo que instou ás mulleres a pararlle os pés a esta dereita que quere levarnos ao pasado.

“As galegas temos o 28 de abril a oportunidade de protagonizar outro 8M que signifique apostar por unha forza como o BNG que defende o feminismo, tendo en conta ademais un dato moi importante: que en Galiza é o Bloque quen lle está disputando escanos a esa dereita carca, antigalega e machista que quere levarnos ás cavernas”, salientou Pontón.

A líder do Bloque tamén lle pregunta a Feixóo “se ese supremacismo feminista do que fala é o que defende esta señora Cayetana porque o que estamos vendo en Galiza é que é o PP de Feixóo quen representa a peor cara desa dereita rancia e carca que nos quere levar as cavernas atacando á dignidade das mulleres. Porque onte, o que fixo o PP foi atacar a todas as mulleres que estivemos o 8M na rúa, a todas as que empezaron a denunciar a violencia machista e a todas as que denunciamos que non podemos ser discriminadas polo mero feito de ser mulleres”, concluíu.

A todo isto ai que sumarlle que o Sr Feixóo no Parlamento deixa entrever que sexualmente: “A señora Pontón está moi necesitada”.

Con motivo da celebración o vindeiro veneres, día 22, do Día pola igualdade salarial, UGT-Galicia ven de publicar un informe no que se constata que a brecha salarial persiste e, incluso, increméntase porque se infravalora o traballo das mulleres. UGT-Galicia considera que chegou o momento de esixir unha lexislación específica que reforce as vías de eliminación de discriminación cara ás mulleres, xa prohibidas nos sucesivos Tratados da Unión Europea e na maioría das lexislacións europeas.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (Informe sobre a desigualdade salarial en Galicia.pdf)Informe sobre a desigualdade salarial en Galicia.pdf   675 kB

A vía máis disuasoria para a eliminación das brechas salariais pasa por sancións exemplares de idéntica contía á que as empresas deixaron de pagar ás mulleres, ademais de reparar ás mulleres polas contías que deixaron de percibir.

As galegas, tras as canarias e cántabras, as que menor retribución por hora perciben de toda a Unión Europea.

Na Sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento galego, cando xa rematara a quenda de interpelación de Ana Pontón ao xefe do Executivo galego, replicaba ao portavoz parlamentario de En Marea: “A señora Pontón está moi necesitada, pero vostede está aínda máis”.

Ante tal manifestación de machismo, a dirixente do Bloque solicitou a palabra ao presidente do Parlamento amparándose no artigo do regulamento da Cámara que vela pola dignidade dos e das deputadas. Reclamaba unha desculpa pública do presidente da Xunta ao considerar totalmente insuficiente que Feixóo pedise a retirada de tan ofensivo argumento para intentar tapar un exabrupto que o retrataba.

“O señor Feixóo acaba de dicir no Pleno a señora Pontón está moi necesitada, é un comentario inaceptábel, que destila machismo repugnante e que retratada a súa catadura moral. Pedir desculpas é o mínimo ante unha faltada que atenta contra a dignidade das mulleres”, salientou a portavoz do Bloque tanto na Cámara como a través das súas redes sociais, onde está a recibir un apoio maioritario

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago