Información
Galicia

A Deputación da Coruña estudará novas accións para promocionar a Ruta dos faros

Información
14 Junio 2016 2320 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou hoxe unha visita institucional ao Concello de Camariñas, onde se reuniu co alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, e os membros do Goberno municipal para analizar os investimentos que a institución provincial está a realizar no municipio e escoitar as demandas e necesidades plantexadas polo executivo local.

Entre os asuntos abordados na reunión estivo a Ruta dos Faros, un dos proxectos estrela promocionados pola Deputación na pasada edición de Fitur, cun precorrido de 200 quilómetros que une Malpica e Fisterra pola costa e que está a atraer numerosos visitantes á comarca da Costa da Morte.

González Formoso destacou que o proxecto "conta cun enorme potencial para o desenvolvemento turístico e para dar a coñecer os numerosos atractivos cos que conta esta comarca" e apuntou que, polo seu carácter estratéxico e supramunicipal, continuará recibindo ao apoio da Deputación.

Neste sentido, plantexouse a posibilidade de reunir próximamente na Deputación aos alcaldes dos municipios polos que discorre o itinerario para axilizar, na medida do posible, os trámites de homologación desta Ruta de Gran Percorrido e estudar novas accións promocionais e de márketing que contribúan á difusión da iniciativa.

Durante a reunión tratáronse ademáis outras cuestións vinculadas ao eido turístico, como a posibilidade de crear un centro BTT entre 12 concellos da comarca e de realizar diversas melloras no complexo turístico "Aldea Madeira", que o Goberno local quere rehabilitar, adecentar e dotar de servizos axeitados como suministro eléctrico e de auga, para o que solicitou a colaboración económica da Deputación.

O rexedor camariñán destacou tamén entre as principais demandas do municipio a construción dun centro de día que dea servizo ás persoas maiores do municipio e ás súas familias, e a necesidade de desenvolver un polígono industrial, dada a falta de solo axeitado para a implantación de novas iniciativas empresariais necesarias para Camariñas.

Manuel Valeriano Alonso afirmou que outra das necesidades do concellos e a mellora do paseo marítimo da Ponte do Porto e da travesía de Camelle, dous proxectos que trasladará ao departamento de Vías e Obras da institución provincial.

Otros articulos relacionados.....