Información
Galicia

Os/as traballadores do naval da ría de Ferrol volven á rúa para esixir carga de traballo

Información
25 Abril 2019 1611 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os traballadores e as traballadoras do naval de Ferrol están desenvolvendo este xoves unha xornada de paros e mobilizacións para esixir nova carga de traballo que permita paliar a falta de actividade prevista para os próximos dous anos. O persoal, tanto de Navantia como das auxiliares, está secundando masivamente os paros de dúas horas por quenda laboral e esta mañá saíron en manifestación dende os estaleiros de Fene e Ferrol para xuntarse na Ponte das Pías. Alí confluíron cos traballadores e  traballadoras de Poligal, en loita pola continuidade dos seus empregos e a actividade produtiva na fábrica de Narón.

Pola tarde, haberá un novo paro de 18:30 a 20:30 horas, tempo no que se aproveitará para realizar unha manifestación dende a porta da antiga Bazán até o Concello de Ferrol, coincidindo coa celebración do Pleno municipal. A intención do persoal é intervir na sesión plenaria para dar lectura a un manifesto conxunto no que se reclama o apoio da Corporación ás demandas de carga de traballo.

Visibilizar nas rúas o impacto da falta de ocupación

Con estas protestas, o persoal do naval irrompe coas súas reivindicacións na campaña electoral para esixir carga de traballo para os dous estaleiros e denunciar tanto a demora na sinatura do convenio das fragatas F-110 (que non se comezarán a construír cando menos até finais de 2021) como a decisión de derivar parte das estruturas de eólica mariña que se fan en Fene a Cádiz.

"É abrigado para todos e todas nós saír á rúa masivamente a loitar polo noso futuro e polo futuro da nosa comarca. Precisamos converternos en obxectivo político prioritario e preferente para todo o que teña a ver co sector naval, en calquera dos sectores de actividade: civil, militar, reparacións, turbinas, eólica, etc.", salientan dende a CIG-Industria de Ferrol.

O secretario comarcal da Federación, Vicente Vidal, insistiu na necesidade de que os traballadores e traballadoras saian á rúa para que se visualice cal é o impacto que suporá para a comarca que non haxa contratos nos vindeiros dous anos. Por iso,  entende que esta xornada "ten que ser o inicio dun calendario mobilizacións máis contundentes, porque este será o único xeito de forzar e presionar ao futuro goberno para que se implique na busca de carga de traballo adicional".

Vidal criticou tamén que, malia non existir previsión de ocupación entre o remate dos buques australianos e o inicio da construción das fragatas, o persoal está realizando xornadas de traballo interminábeis para a entrega dos AORs. Diante disto, reclamou unha racionalización dos horarios e a non realización de horas complementarias como unha das medidas de presión.

"Solución ponte" para paliar a falta de actividade

Para cubrir este período de inactividade entre o remate dos AORs australianos e o inicio das fragatas, "no que practicamente estaremos sen ocupación na grada e no que quedarán na rúa uns 600 operarios e operarias das industrias auxiliares", advirte Marcelino Amado, do comité de Navantia-Ferrol e responsábel do sector naval da CIG-Industria, a representación social pide que se poña en marcha un novo buque de soporte loxístico -na liña do Cantabria- que suporía "case dous millóns de horas de traballo". Esa sería unha posíbel "solución ponte" para paliar esta falta de traballo, engade.

A este respecto, a CIG-Industria pon a atención no feito de que a ocupación comezará a recuperarse moi amodo dentro dous ou tres anos, "polo que non veremos saturadas as instalacións até non se sabe cando". Con "este horizonte tan desastroso" á vista, a preocupación pola falta de actividade increméntase "ante a evidencia de que as presións políticas exercidas desde Puerto Real conseguen priorizar a ocupación deses estaleiros sobre o futuro da nasa comarca".

Tal é así, advirten, que se desviou unha plataforma flotante para a eólica mariña do contrato KINKARDINE, que se tiña que facer en Fene, para as súas instalacións de Puerto Real, "nun exemplo de decisión política anti-económica polas duplicidades organizativas que provoca".

Complexo Integral da Construción Naval

A CIG volveu reivindicar a necesidade de avanzar na creación dun Complexo Integral da Construción Naval na ría de Ferrol, que abranga a construción civil, militar, offshore e de reparacións, que funcione como unha unidade territorial autónoma con representación da Xunta de Galiza, tanto no capital social como no Consello de Administración, e no que as instalacións de Fene non sexan entendidas como un simple taller auxiliar de Ferrol.

En canto á situación dos estaleiros, Marcelino Amado, apuntou que Carenas ten un nivel alto de ocupación, pero as inversións que se están facendo non van dirixidas a manter ese mercado nin a introducirse noutros mercados novos que permitan lograr máis carga de traballo. Sobre Turbinas, pon a atención no feito de que a última reorganización de Navantia afonda na súa minorazión, e ao tempo que non existe un investimento que propicie ter un produto propio "que a faga despegar". Xunto a isto, pulou pola modernización dos estaleiros "que permitan consolidar as instalacións no mercado militar, un mercado básico para Navantia".

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago