A Xunta Electoral de Zona volve amonestar ao PP pola ubicación ilícita das súas bandeirolas propagandísticas

Información
Galicia | 26 Abril 2019 | 2360 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
IMG 20190426 WA0012Unha nova resolución da Xunta Electoral de Zona na que se volve amonestar ao PP pola ubicación ilícita das súas bandeirolas propagandísticas, neste caso na rúa Andrés Mellado. Os 'populares' dispoñen de 12 horas improrrogables para proceder á súa retirada dos báculos de iluminación. Do contrario, enfróntase a unha sanción.
 
Esta é a segunda ocasión na que a Xunta Electoral apercibe ao PP polo mesmo motivo. Na anterior, os 'populares' dispuxeron dun prazo de 24 horas para retirar as bandeirolas que instalaran ilegalmente nos báculos de iluminación da avenida das Corbaceiras, das rúas Eduardo Pondal e A Estación e da rotonda da avenida de Uruguai.

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600