Información
Galicia

XLI edición da Festa da Troita da Pontenova

Información
02 Mayo 2019 979 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
XLI Festa da Troita da Pontenova
Campos Conde, xunto a outros membros da corporación municipal, participaron nesta cita, que conta con máis de 40 anos de tradición e que reuniu a máis de 4.000 persoas no Concello da Pontenova

O Presidente destacou que “este evento, é a segunda festa da troita máis antiga de Galicia, o que supón un importante revulsivo económico para a contorna da Mariña, a provincia e o Concello”

Ao longo das xornadas houbo animación musical, sesión vermú, degustación de troitas, concursos de pesca e, como novidade, a I Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde, 12,5 km que discorreu pola antiga vía do tren que vai desde A Pontenova e Ribadeo

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto a outros membros da corporación municipal, participaron este mércores, nos actos da XLI edición da Festa da Troita da Pontenova, coa que colabora o Executivo Provincial. Este evento, declarado como Festa de Interese Turístico Nacional, desenvolveuse ao longo deste martes e mércores, e reuniu a 130 pescadores de Galicia, Asturias e outras comunidades.

Campos Conde sinalou que “a Festa da Troita da Pontenova é un evento consolidado no noso Concello que conta con máis de 40 anos de tradición, sendo ademais a segunda festa da troita máis antiga de Galicia, o que supón tamén un importante revulsivo económico para a contorna da Mariña e a provincia. Durante os dous días máis de 4.000 persoas achegáronse a esta festa que reúne actividades moi variadas: actuacións de bandas de música, sesións vermú, concursos de pesca ou degustacións de troita, entre outras”.

Nesta cita, que acadou unha ocupación hoteleira do 100%, tiveron lugar os concursos de pesca (lance, salmón e mosca) e, como novidade, a I Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde, que discorreu pola antiga vía do tren que vai desde A Pontenova e Ribadeo, pasando ao carón do río Eo e por 6 túneles de pedra. Esta ruta gratuíta e para todos os públicos tivo un percorrido total de 12,5 km. Ademais, na xornada do martes, tivo lugar o pregón a cargo da actriz e presentadora, Isabel Blanco e unha degustación de troitas. Ambos os dous días, a xornada estivo amenizada polas orquestras: Costa Dorada, Anaconda e Solara.

XLI Festa da Troita da Pontenova

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+