Información
Galicia

Condenado a pagar as costas xudiciais o PPdeG por intentar frear a residencia de Guitiriz sen motivo conocido algún

Información
03 Mayo 2019 1262 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

- O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 dita que non hai motivo para suspender a contratación das obras de construción do centro de maiores na Casa da Botica. As obras agardan dende hai semanas polo permiso da Xunta para arrancar-

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 dita que non hai motivo para suspender a contratación das obras de construción do centro de maiores na Casa da Botica como pretnede o Partido Popular do Sr Feijóo.

As obras agardan dende hai semanas polo permiso da Xunta para arrancar- A xustiza di que PP e non adscrito solicitan paralizar xa a construción desta residencia sen motivos, sen concretar prexuízos e sen proba algunha- Destaca que non se poden pasar por alto os informes sobre a ilegalidade da encomenda a SUPLUSA e a lexitimidade a priori dubidosa desta Sociedade 


O Xulgado Contencioso Administrativo Número 1 vén de ditar un auto no que rexeita a petición dos Deputados do Partido Popular e do non adscrito de suspender o contrato de construción da residencia de Guitiriz na Casa da Botica. Estas obras, que contratou a Deputación con 1,2 millóns de euros, poderían terse iniciado xa se a Xunta de Galicia tivese concedido o permiso de construción, que demora dende hai tempo. No momento en que a Xunta decida dar este permiso, arrancarán as obras. 
A xustiza di ao PP e ao non adscrito que tentan paralizar, sen motivo algún, a construción da residencia. O auto apunta que “la mera alegación de dichos prejuicios, sin concretar cuáles serían y sin prueba algunha que sustente esa afirmación, es harto insuficiente para alcanzar una consecuencia jurídica con la solicitada”. 
PP e non adscrito presentaron un recurso contencioso pedindo medidas cautelares contra a contratación das obras de construción da residencia de Guitiriz, que aprobou o Goberno da Deputación, “agarrándose” ao acordo que eles mesmos aprobaron no Pleno Extraordinario do 10 de abril de 2018, que solicitou o Partido Popular para aprobar xunto ao non adscrito o seguinte acordo: “ratificar a eficacia da encomenda de xestión outorgada a SUPLUSA para a xestión e construción das residencias da terceira idade”. Cómpre lembrar que nesta sesión plenaria se advertiu en varias ocasións sobre a ilegalidade deste acordo e que o Goberno da Deputación votou en contra
Neste senso, a xustiza apunta que “no se puede pasar por alto que existen numerosos informes de advertencias de ilegalidad sobre dicho acuerdo; otro Acuerdo anterior adoptado en Junta de Gobierno que resuelve declarar la pérdida de condición de medio propio a SUPLUSA y un convenio de colaboración suscrito entre el Concello de Guitiriz y la Diputación, que sustituyó al anterior (2011); por ello, no se está en condiciones de afirmar que nos hallemos ante ninguno de esos supuestos excepcionales en el recurso contencioso planteado”. 
Ademais engade que “y todo ello sin entrar a analizar la legitimación de SUPLUSA (a priori dudosa) para recurrir el referido acto administrativo…”.
O Xulgado dicta que “NO HA LUGAR” á suspensión solicitada e interpón costas á parte recurrente: PP e non adscrito.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+