Información
Galicia

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu amplía as proxeccións a máis de 60 filmes

Información
15 Junio 2016 2937 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2 DSC 0128O programa que se desenvolverá do 10 ao 17 de setembro incorpora novas seccións e os premios increméntanse ata os 5.500 euros Bueu, 15 de xuño de 2016. O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu amplía este ano a súa programación a máis de 60 filmes que se proxectarán entre o 10 e o 17 de setembro no Centro Social do Mar. Representantes da organización presentaron esta mañá as obras seleccionadas, de entre as 1.461 chegadas de 97 países, canda o alcalde da vila. Félix Juncal explicou que as novidades no FICBUEU farano “máis atractivo” e que “o Concello segue a apoialo e patrocinalo, aínda que agora a organización lle corresponde ao Cineclub Bueu”.

O director do evento, Manuel Pena, agradeceu a confianza e coincidiu en sinalar que “este é un ano de cambio”, pois coa suma dos novos patrocinios “o FICBUEU vai dar un salto en calidade que o equiparará aos mellores festivais internacionais”. “O reto é lograr que manteña o seu espírito e a súa maxia, aínda que medre en dimensión”, admitiu antes de dar paso á coordinadora do FICBUEU, Cristina Sanmartín, que glosou as curtas desta novena edición.   Vinte filmes concorrerán no apartado de Competición, ao que se suman os de Galicia, Comedia, Animación, Iberoamérica, Panorama e Festival Irmandado, esta última aínda por concretar. En total, serán 23 as nacionalidades representadas, entre as que destacan Francia con dez traballos e España con nove. Veranse por primeira vez cintas de Nova Zelandia, Palestina, Irlanda, Paraguai, Perú ou Venezuela. Na sección Competición concursarán obras de 12 países dos cinco continentes, das que chama a atención que cinco son comedias.

Serán esta vintena de curtametraxes e mais as galegas as que compitan por un Primeiro Premio dotado con 3.000 euros, un Segundo Premio de 1.000 euros e o Premio do Público, que ascende a 750 euros. A estes súmase o galardón de 500 euros para a Mellor Curtametraxe Galega e outro de 250 euros para a Mellor Curtametraxe de Escola, categoría especial para promover os novos valores á que poden presentarse centros formativos.

As proxeccións da semana do festival complementaranse con múltiples actividades, como obradoiros ou conferencias, se ben as accións vinculadas darán comezo nos próximos días con sesións cinematrográficas na escola infantil e nos dous institutos do municipio. Nos vindeiros meses desenvolveranse asemade as intervencións da nova Área Social do FICBUEU, auspiciada por ”la Caixa”, con maiores, persoas con discapacidade intelectual e mais nenas e nenos hospitalizados. Búscase así facer chegar o evento a diferentes públicos, lugares e datas.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+