Información
Galicia

O Conservatorio de Danza da Deputación celebrou a Gala de fin de curso cunha representación de “Peter Pan”

Información
17 Junio 2016 2267 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

yaelcanzobredelgadoUns 120 alumnos do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación participaron esta tarde, no Teatro Colón da Coruña, na tradicional Gala de fin de curso do centro, na que representaron unha adaptación coreografiada do clásico "Peter Pan", con músicas de Vivaldi, Mendelssohn, The Irish Rovers e Stepehn Warbeck, entre outros.

A gala contou coa asistencia do presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, que nunhas palabras ao inicio do acto destacou "o elevado nivel" do alumnado e o profesorado do Conservatorio, avalado polos numerosos premios e recoñecementos obtidos ao longo dos últimos anos e pola "brillante carreira profesional" dalgúns bailaríns formados no centro coruñés e que hoxe forman parte de importantes compañías de danza a nivel internacional como o Ballet "Víctor Ullate" da Comunidad de Madrid, o Royal Ballet de Londres, o Ballet da Ópera de Munich, ou o Hubbard Street Dance de Chicago.

 

Os alumnos desenvolveron coreografías baseadas en diversos capítulos do conto inmortal de J. M. Barrie, con escenas que forman parte da memoria colectiva como "Aprendendo a voar", "Os nenos perdidos" ou "O rescate de Wendy", nunha obra na que as personaxes principais estiveron interpretadas polos bailaríns Germán G. Flores (Peter Pan), Marta Placer (Wendy), Diego Campos e Pedro Paredes (Juan e Miguel, irmáns de Wendy), Alejandra Vázquez (Campanilla) e Pablo Sánchez (Capitán Garfio).

Historia do Conservatorio

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación de Coruña, foi creado en 1990, baixo a dirección de Luciano Gómez para poder ofrecer á mocidade que o demandaba unha formación de calidade, profesional e regulada que ata entón non existía na cidade da Coruña.

A especialidade do centro é a danza clásica. Como actividades, o Conservatorio celebra espectáculos de danza con repertorio clásico e contemporáneo e o seu alumnado participa asiduamente en concursos e festivais nacionais e internacionais.

Son moitas as satisfaccións obtidas durante estes 26 anos de traxectoria do Conservatorio, nos que centos de alumnas e alumnos se formaron nas súas aulas.

A día de hoxe, a Deputación da Coruña sigue apostando pola danza como expresión artística de primeiro nivel, como demostran as bolsas que cada ano concede aos novos valores artísticos da provincia e nas que hai un apartado especificamente dedicado á danza.

Otros articulos relacionados.....