Información
Portada

Recheos en Barrañán: xestionar a Rede Natura a golpe de bulldózer

Información
24 Mayo 2019 964 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

ADEGA presentou denuncias no Seprona e en Patrimonio Natural polo uso de maquinaria pesada na praia de Barrañán -supostamente para recuperala- con afección a hábitats prioritarios e especies ameazadas. O que vén sendo matar moscas con canóns...



Ao parecer as actuacións promovidas pola Autoridade Portuaria da Coruña co visto bó da Demarcción de Costas, respostan á necesidade de "rexenerar" de cara a tempada turística, o areal de Barrañán afectado pola construción do dique e do porto exterior de Punta Langosteira. Esta infraestrutura contribuíu, xunto cos temporais máis intensos dos últimos invernos, a un acelerado proceso de perda de area e retroceso da praia.

Afección a hábitats prioritarios, especies ameazadas e recursos mariños

As obras de "rexeneración" consisten na engádega de 15.000 toneladas de area e estanse a realizar utilizando maquinaria pesada na praia e através da orla dunar. A praia de Barrañán forma parte da Rede Natura 2000 (ZEC Costa da Morte) e as obras realízanse dentro da "zona de especial conservación" deste espazo. A intrusión das máquinas neste fráxil espazo está a provocar graves alteracións da morfoloxía do ecosistema dunar, con afectación a hábitats de interese europeo (2110 dunas móbiles embrionarias e 2120 dunas brancas) e prioritarios (2130* dunas grises). Moi probabelmente o apisonado e a remoción do substrato dunar polas máquinas puido afectar tamén a especies ameazadas que como a Omphalodes littoralis ou o Rumex rupestris están catalogadas como en perigo de extinción, alén doutra flora ameazada.
As obras desenvólvense xusto no periodo de cría da píllada das dunas (Charadrius alexandrinus), unha das poucas especies ameazadas con plano de conservación aprobado e que en Barrañán ten unha área de presenza potencial.
O recheo podería afectar tamén aos recursos mariños da zona, posto que moitos peixes aliméntanse dos macro-invertebrados que viven entre os graos, e o deitado de area provocará a súa desaparición na praia. Estes pequenos seres son case sempre desprezados nos  estudos de impacto ambiental, e sen embargo forman a base da cadea trófica no mar e teñen unha grande importancia ecolóxica.

Máis de 200.000 € en area que marcharán polo mar abaixo...

O propósito desta intervención é supostamente revertir os efectos que neste litoral teñen provocado os cada vez máis intensos temporais e a suba do nível do mar pola mudanza climática, xunto coa modificación da dinámica costeira por infraestruturas como o porto exterior.
Mais os recheos con area, como se ten demostrado en moitos outros lugares da costa (Cedeira, Miño, Sada, Orzán...) son parches temporais: non van solucionar o problema porque as causas son de fondo, permanentes ou de difícil reversión: o cambio climático e as intervencións agresivas no litoral (portos, recheos, urbanizacións...).
Supoñen tamén unha grave agresión aos ecosistemas costeiros, pola destrución da morfoloxía natural da praia, a eliminación de hábitats e o perxuízo para as fráxiles comunidades biolóxicas que habitan nestes entornos de transisión. Reducir a función deste espazo protexido, parte da cativa Rede Natura 2000 galega, a obxecto de atracción turística, desprezando o importante patrimonio natural que contén amosa o desleixo das administracións polo ambiente.
E non memos importante é o desbaldimento de cartos públicos, nesta ocasión 203.521€, que coa primeira marusía van marchar, literalmente, polo mar abaixo. Xustifícase como un investimento en "rexeneración" cando en realidade é un gasto inútil e superfluo para "adecentar" o areal de cara ao verán, e un lavado de conciencia da Autoridade Portuaria pola desastrosa planificación do porto exterior da Coruña.

Descargas

Novas relacionadas

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+