Información
Galicia

CCOO alerta do aumento da precariedade laboral e protección social, con once contratos de media por persoa, co gobrno de Feijóo mirando para outro lado.

Información
06 Junio 2019 499 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • Oficina de emprego en GaliciaO sindicato insta a Xunta a tomar medidas, na liña das "10 propostas para un xiro social en Galicia" que CCOO presentou o pasado mes de maio

Comisións Obreiras (CCOO) alerta do aumento da precariedade laboral que revelan os datos do paro rexistrado do mes de maio. Segundo o sindicato, a redución do desemprego non oculta a ínfima calidade dos postos de traballo creados. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, afirma que «algo vai mal» cando son necesarios case noventa mil contratos para que a afiliación á seguridade social aumente en algo menos de oito mil persoas.

Foto.- Oficina de emprego en Galicia

 

A precariedade é maior ca o ano pasado por estas datas. Se en maio de 2018 os contratos eventuais representaban o 91,44 %, agora son o 92,14 %. Ademais, os datos oficiais sinalan que no último mes cada persoa asinou, de media, once contratos. «Se antes se traballaba por días, agora practicamente por horas. Precariedade na duración da xornada, ademais de no contrato», critica Bouza.

O emprego precario trae consigo unha peor cobertura social. Actualmente, catro de cada dez persoas que están paradas e teñen experiencia laboral carecen de prestación. «Isto é un reflexo da insuficiencia das cotizacións realizadas durante a súa precaria vida laboral», apunta Bouza. Canto á calidade da protección por desemprego, case o 60 % é asistencial; isto é, non está ligada ás condicións laborais directas de cada persoa.

A voceira de CCOO insta a Xunta a tomar medidas, na liña das “10 propostas para un xiro social en Galicia”, que o sindicato presentou o pasado mes de maio. No documento recóllense medidas como a reforma integral do Servizo Público de Emprego en Galicia e das políticas activas de emprego, a aposta por un modelo enerxético inclusivo que xere capacidades industriais propias e emprego local, un plan de renovación da frota pesqueira galega e actuacións en formación para o emprego —especialmente para facilitar a inserción laboral da mocidade.

Análise do paro rexistrado

O paro rexistrado baixou no mes de maio, como adoita acontecer nesta época: 5421 persoas paradas menos inscritas nas oficinas do servizo público de emprego ca no mes anterior (–3,26 %) e 15.891 menos ca no mesmo mes do ano pasado (–8,99 %).

Así pois, ao remate de maio había 160.805 persoas desempregadas inscritas nas oficinas do servizo público de emprego: 93.572 mulleres (representan o 58 % do desemprego) e 67.233 homes. Dese total, 7699 persoas tiñan menos de 25 anos e supuñan o 5 % do paro rexistrado.

En proporción, o paro rexistrado baixa máis nos homes ca nas mulleres, tanto na comparación mensual (2.835 parados menos; –4,05 % fronte a 2.586 paradas menos; –2,69 %) coma na anual (7846 parados menos; –10,45 % fronte a 8045 paradas menos; 7,92 %).

Por grandes grupos de idade, en proporción, a maior baixada do paro dáse entre as persoas menores de 25 anos. Con respecto ao mes de abril, constan como paradas nas oficinas do servizo público de emprego 371 menores de 25 anos menos (–4,6 %) e 5050 menos maiores desa idade (–3,19 %). Con respecto ao mes de maio de 2018, son 806 menos menores de 25 anos (–9,48 %) e 15085 menos maiores desa idade (–8,97 %).

O paro rexistrado baixou en todos os sectores. En comparanza con abril hai 593 persoas paradas menos na construción (−4,33 %), 248 na agricultura (–4,05 %), 644 na industria (–3,43 %), 3732 nos servizos (−3,3 %) e 204 no colectivo sen emprego anterior (−1,42 %). En termos anuais, o descenso do paro atangue tamén a todos, pero máis a construción (−18,08 %).

Análise da contratación

O 92,14 % dos contratos formalizados en maio foron temporais: 87.715 temporais dun total de 95.202. Isto é, só se fixeron 7487 contratos indefinidos, o 7,86 % da contratación total.

En relación co mes de abril, subiu máis a temporal (11.046 contratos máis; +14,41 %) ca a indefinida (189 contratos máis; +2,59 %). En relación co mes de maio de 2018 fixéronse 987 contratos menos e deses, 749 foron indefinidos.

Daquela, a porcentaxe de contratos temporais sobre o total da contratación (o 92,14 % en maio de 2019) é máis alta que a do mes de abril de 2019 (situouse no 91,31 %) e que ao do mes de maio de 2018 (situouse no 91,44 %).

Afiliación á seguridade social

A afiliación media á seguridade social segue medrando máis devagar en Galicia que na media estatal, tanto na comparación mensual coma na anual. No mes de maio había 7814 afiliacións máis ca no de abril, o que supón un incremento do 0,77 % (a porcentaxe na media estatal era do 1,1 %) e 20.315 máis ca no mes de maio de 2018, que equivale a unha suba do 2,04 % (no Estado sobe ata o 2,78 %).

No último mes, a afiliación sobe no réxime xeral (que inclúe o réxime agrario e do fogar) en 7853 afiliacións e no de autónomos en 247, mentres que baixa en 287 no do mar. En termos anuais, a afiliación sobe no réxime xeral (+23.504), mentres que baixa no de autónomos (–2812) e no do mar (–378).

Así pois, o número de afiliacións á seguridade social aumentou ata 1.018.406 no mes de maio deste ano pero aínda quedarían por recuperar 63.241 para alcanzar o volume de ocupación do mes de maio de 2008.

Prestacións por desemprego

No mes de abril, en Galicia, só o 57,38 % das persoas paradas con experiencia laboral perciben prestacións por desemprego. En total, hai unhas 64.700 persoas paradas con experiencia laboral que carecen de cobertura por desemprego.

Nese mes, 87.110 persoas cobraban unha prestación por desemprego e, delas, só o 44 % percibían unha prestación contributiva. A repartición por modalidades era a seguinte: 41.590 percibían un subsidio por desemprego (o 48 % do total das prestacións), 38.352 contributivas (o 44 % do total), 7163 a renda activa de inserción (o 8 % do total) e 5 correspondían ao programa de activación de emprego.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título de la Liga Gallega Absoluta Masculina de Primera División.Un..

Xoaquín Fernández Leiceaga reclama o cese da Valedora por “incumprimento grave das súas funcións” logo de ser condenada..

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+