Información
Galicia

RESOLUCIÓN DO COMITÉ NACIONAL GALEGO

Información
08 Junio 2019 157 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

IMG 2826Fai escasos días, os galegos e as galegas tiveron a oportunidade de pronunciarse dun xeito inapelable nas urnas. E a sentenza pronunciada fixo que o noso Partido acadara uns resultados históricos.

Nas eleccións xerais do pasado 28 de abril, o PSdeG-PSOE superou o medio millón de votos en Galicia, cun 32,13% dos sufraxios, sendo a primeira forza política do país e acadando unha representación de 10 deputados e 8 senadores. Nas eleccións europeas do 26 de maio, fomos a primeira forza política, superando a barreira tamén do medio millón de votos cunha porcentaxe do 35,05%.

 

Os comicios locais celebrados tamén este pasado 26 de maio, cunha porcentaxe de voto do 32,82% (seis puntos máis que en 2015), deparounos 66 maiorías absolutas e 25 maiorías relativas.

Con estes resultados, imos ser quen de gobernar as cidades e vilas máis poboadas do país, o que permite manter o goberno das deputacións provinciais da Coruña, Pontevedra e Lugo, e arrebatar a maioría absoluta do PP na Deputación de Ourense.

Con estes satisfactorios resultados que sitúan ao PSdeG como primeira forza política do país, serán maioría os galegos e as galegas que van ser gobernados por forzas políticas de progreso. Outros moitos terán a oportunidade de selo logo dos acordos e do entendemento entre as forzas progresistas e de esquerdas do pais.

Por iso, este Comité Nacional Galego acorda:

Naqueles concellos de Galicia onde non hai maioría absoluta, os e as socialistas galegos contribuiremos co noso voto e co noso apoio a que accedan ás alcaldías e gobernos municipais as forzas progresistas e de esquerdas, fronte ás opcións conservadoras e de dereita.

Asemade, os e as socialistas galegos promoveremos encabezar esas maiorías progresistas onde sexa posible e corresponda.

 

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+