Información
Galicia

As disolucións matrimoniais descenderon en Galicia un 17,2% no primeiro trimestre do ano

Información
22 Junio 2016 2408 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

1418638869 245005 1418673861 sumario normal fuente elpaisO número de demandas de disolución matrimonial (separacións e divorcios) presentadas en Galicia no primeiro trimestre do ano foi de 1587, fronte ás 1917 que se presentaron no mesmo período do ano pasado, o que supón un descenso do 17,2%, por riba da media estatal (13,2%).

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, descenden na Comunidade tanto os divorcios consensuados (de 1006 a 855, o que supón un descenso do 15%) como os non-consensuados (de 787 a 659, un 16,3%). Con relación ás separacións consensuadas, pasaron de 86 a 47 no primeiro trimestre do ano, mentres que as non-consensuadas pasaron de 38 a 26. Este ano non se rexistrou no período ningunha petición de nulidade matrimonial, fronte ás dúas do ano pasado.

No primeiro trimestre do ano rexistrouse unha diminución interanual tanto nos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non-matrimoniais, como nos de modificación de medidas en procesos de separación e divorcio consensuados, mentres que as cifras de non- consensuados se mantiveron estables.

Así, entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo pasados iniciáronse 112 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 13,8% menos que no mesmo período do ano anterior. As demandas de modificación de medidas non-consensuadas mantivéronse en 482.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non-matrimoniais, rexistráronse 199 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 233 do primeiro trimestre de 2015, o que supón un 14,6% menos; e 324 demandas de modificación de medidas non-consensuadas (349 o ano pasado), o que representa unha diminución interanual do 7,2%.

Acceda aos datos estatísticos do primeiro trimestre do ano e ás series históricas desde 2008 no seguinte enderezo:

http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica_Judicial">http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica_Judicial

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+