Información
Galicia

Helena Villar Janeiro, Escritora na súa Terra.

Información
23 Junio 2016 2833 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2 Helena Villar Janeiro anversoA escritora recibirá o vindeiro sábado 25 de xuño, no Concello de Rianxo, onde vive, a vixésimo segunda edición da Homenaxe A Escritora na súa Terra-Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Esta homenaxe comporta a entrega da Letra E (de escritora) e converte a Helena Villar Janeiro en Socia de Honra da AELG

 

(A Coruña, 23 de xuño de 2016)  A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega en 2016 á súa vixésimo segunda edición recaendo na figura de Helena Villar Janeiro, que será homenaxeada no Concello de Rianxo, a terra que ela elixiu para vivir os solpores da ría de Arousa.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe ou adopción do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as  procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe. Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Caxigueiro), a plantación dunha árbore simbólica (un loureiro elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo.

Programa

11.30h (Paseo Marítimo no Peirao de Sete Fogas)

Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do loureiro (árbore simbólica da escritora). Interveñen:

Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo Helena Villar Janeiro  

Acto de entrega da "Letra E" (Escola da I República - Cuartel vello) Interveñen:

Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo Mercedes Queixas Zas, Secretaria xeral da AELG Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG Marica Campo: Laudatio Entrega da peza escultórica do artista Caxigueiro

Intervención da homenaxeada: Resposta á laudatio por parte de Helena Villar Janeiro    

14.00h Xantar no Pazo de Rianxiño

Xantar de confraternidade.

Escribir, tirar do fío para dispoñelo en urdas, para pasar a trama, para facer a tea: tecer. Tecer a vida cara adiante como as hedras da clepsidra poboan o tempo que flúe. Tecer a vida cara atrás como quen remonta o río e volve a onde só a palabra recupera os instantes. Recoller palabras de noso, tal abelorios, e nomear o mundo igual que se bordara as formas dos soños que fabula. Tiña que ser así porque Helena medrou entre fíos na xastrería familiar, primeiro ensino, primeiro ateneo, onde se recitaban os clásicos, se interpretaba bel canto e desfilaban historias e personaxes, segundo ela mesma refire.

Otros articulos relacionados.....