Información
Galicia

A Xunta de Galiza (PPdeG Sr Feijóo ) ponlle unha alfombra vermella á creación dunha universidade privada vinculada a Abanca

Información
13 Junio 2019 438 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Tal e como avanzou en decembro de 2018, a Xunta non só non ten ningún reparo en que a entidade privada que quedou coa principal entidade bancaria galega a prezo de saldo abra unha universidade privada no noso país senón que o fai con todo o apoio e decisión.

 

Desde a CIG-Ensino insistimos que o que precisa o sistema educativo galego e, en concreto, a oferta de estudos universitarios non é a entrada de entidades lucrativas no negocio das ensinanzas superiores senón o reforzo orzamentario destinado ás tres universidades públicas galegas rematando coas limitacións impostas polo goberno galego e permitindo a ampliación da oferta educativa coas necesarias adaptacións ás necesidades e potencialidades sociais e laborais do país.

Mais a Xunta de Galiza segue a limitar a posta en marcha de novas titulacións, atando ao SUG cunha cláusula de estabilidade que é máis ben un dique de contención ao crecemento e innovación na rede pública, con consecuencias na precariedade laboral e na inestabilidade dos cadros de persoal docente e investigador.

Ás políticas que impediron nestes últimos anos o medre de matrícula no SUG haberá que engadirlle, cando se poña en marcha a oferta da universidade de Abanca, que centrará o seu nicho de mercado en Santiago, A Coruña e Vigo, os efectos que poida producir esta nova entidade privada nas titulacións que actualmente ofertan a USC, UDC e UVigo, mentres que desde a Xunta de Galiza se está a requirir ás Universidades do SUG que unifiquen ou diferencien aquelas titulacións que neste momento están mais que duplicadas, aínda que existe demanda para todas elas. O que se coñece dos planos da Universidade de Abanca é que se dirixe claramente cara estas titulacións que a Xunta pretende reducir no Sistema Público. Por iso, non parece lóxico que se autoricen estas titulacións a unha universidade privada

A CIG-Ensino reafirma o seu total rexeitamento á creación desta ou calquera outra universidade privada ao entendermos que sería nefasta para os intereses da universidade pública galega e esixe ao goberno galego o cumprimento das esixencias para a posta en funcionamento desta universidade, desde a duplicidade de titulacións, tanto de grao como de mestrados, aos requisitos de cualificación do potencial profesorado.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+