Información
Galicia

Mais do 77% dos votos na consulta do Concello, a favor de declarar algunhas praias libres de tabaco

Información
18 Junio 2019 377 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A cifra supera o 82% para o estadio municipal de Balaídos, segundo revelou hoxe martes Abel Caballero, quen ve unha posición "moi contundente" na cidade a favor de liberar de fumes Balaídos e algúns areais, como Samil ou os das illas Cíes. O alcalde considera que, con esta "altísima porcentaxe" de voto, a consulta ofrece un resultado que pode considerarse xa "definitivo", a falta do último dato da próxima semana.


Caballero avanzou que a próxima semana ofrecerá a última cifra de participación na consulta (dispoñible na web do Concello), mais a "altísima porcentaxe" de voto rexistrado debulla xa un escenario "definitivo" a favor de declarar o estadio municipal de Balaídos e algunhas praias de Vigo como espazos libres do fume do tabaco. 

A día de hoxe, a consulta rexistrou máis de 12.000 votos para Balaídos, cun 82,4% dos computados a prol de declaralo libre de fumes. No caso dalgúns areais, os votos rozan os 35.000 e os favorables á declaración superan o 77%. O alcalde avanzou que estas praias poderían ser a de Samil e as das illas Cíes. 

O resultado provisional da consulta web é "moi contundente" e reflicte unha manifestación "masivamente" favorable a liberar de fumes de tabaco areais e o estadio municipal de Balaídos. O obxectivo das preguntas é "pulsar" a opinión da cidadanía, non é vinculante, mais a cifra rexistrada ata o de agora revela "un estado de ánimo" en Vigo, anotou Caballero. 


Desestimada licenza para salón de xogos
A Xerencia de Urbanismo denegou a licenza de obras de reforma solicitada para un salón de xogos na Avenida da Florida número 73. Segundo explicou o alcalde, trátase dunha "denegación técnica" xa que as obras contempladas non reúnen os requisitos necesarios para a reforma do local e exceden as actuacións necesarias para o mantemento do uso preexistente. 

Tal e como expuxo Caballero, o informe do enxeñeiro técnico é "categórico" apuntando que o cambio de uso pretendido non é acorde coas reformas propostas, ao non tratarse de reformas provisionais como esixe a normativa, polo que non reúne as características técnicas para a reforma

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+