Información
Galicia

O Socialista Bugallo de Santiago pretende superar a altura da Torre de Abel Caballero cunha partida de 258.000 euros para alumarlle a figura ao Apóstolo

Información
02 Julio 2019 406 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns o servizo de deseño, produción, montaxe e realización dos espectáculos nocturnos das festas do Apóstolo 2019, por un importe total de 257.713 euros (IVE incluído). Acciona Producciones y Diseño repite na organización dos Fogos, xa que tamén foi a empresa adxudicataria na edición de 2018.

 

O secretario da Xunta de Goberno Local, Sindo Guinarte, deu conta desta adxudicación, que inclúe tanto o espectáculo do 24 de xullo na praza do Obradoiro como os fogos fin de festa do 31 no entorno do Campus Sur. O servizo inclúe tamén o deseño de folletos informativos co guión e a explicación do espectáculo.

Un ano máis, no espectáculo da noite do 24 de xullo non se utilizará a Catedral e demais edificios do conxunto catedralicio (fachadas, escalinata, balcóns, varandas, reixas…) como soporte de calquera elemento necesario para a realización do espectáculo, xa sexan artefactos pirotécnicos de luz ou instalacións auxiliares. Polo tanto, usarase principalmente o Pazo de Raxoi.

 

A torreta de Abel Caballero de Vigo



Persoal eventual 
Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou o acordo de fixación do número, retribucións e características do persoal eventual, que queda do seguinte xeito: un/unha coordinador/a do Gabinete de Alcaldía (Grupo A1, Nivel 26); tres asesores/as do Goberno municipal (A1, 22); un/unha asesor/a a tempo parcial adscrito ao grupo municipal do PP (A1, 24); dous/dúas asesores/as adscritos/as ao PP (A1, 22); catro prazas de administrativos/as, dúas delas adscritas ao grupo municipal do PSdeG-PSOE e dúas ao PP (C1, 22); tres prazas de administrativos/as, dúas delas adscritas ao PSdeG-PSOE e unha ao grupo municipal de CA (C1, 20); dúas prazas de administrativos/as adscritas a CA (C2, 16) e dúas prazas de administrativos adscritas ao BNG (C2,14).

Xogos do Eixo Atlántico 
No ámbito deportivo, o Goberno local autorizou o desprazamento da delegación compostelá que participará nos XIII Xogos do Eixo Atlántico, que se celebrarán do 7 ao 12 de xullo na localidade portuguesa de Braga. A delegación estará formada por 56 deportistas, que participarán nas disciplinas de baloncesto, fútbol 8, natación e atletismo.

Sentenza non recorrida 
Sindo Guinarte tamén deu conta da decisión da Xunta de Goberno de no recorrer en casación a sentenza favorable (29 de maio de 2019) á empresa Doal relativa á adxudicación do servizo da ORA e do guindastre en 2012. Segundo explicou o secretario da XGL, os servizos xurídicos municipais consideran pouco viable o recurso e mesmo a posibilidade de que este "non sexa admitido a trámite".

Licenzas 
Finalmente, en materia de licenzas, destaca a concedida para construción dun edificio para 24 vivendas de protección autonómica (VPA) e locais na rúa da Estrada, no Castiñeiriño.

Documentos relacionados

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+