Información
Galicia

O GOBERNO DE FEIJOO NA XUNTA DEIXOU SEN EXECUTAR ENTRE 2016 E 2018 UN TOTAL DE 15 MILLÓNS DE EUROS DESTINADOS A EQUIPACIÓN E MANTEMENTO DAS ESCOLAS DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS

Información
03 Julio 2019 357 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou que o PP teña rexeitado hoxe en Comisión unha proposta socialista para pedirlle ao goberno galego que executara os 38,6 millóns de euros orzamentados en 2019 para equipación e mantemento nos centros de ensinanzas artísticas. Lembrou que o goberno galego leva acumulados 15 millóns sen executar correspondentes a este programa entre 2016 e 2018.

 

O responsable socialista advertiu que “non entendemos por que se orzamenta sistematicamente preto de 40 millóns de euros cada ano e executen entre 30 e 35”. Acusou ao goberno galego de manter unha partida “inflada sistematicamente, e que se emprega para dotar ao longo do ano con modificacións orzamentarias outras que carecen de orzametno suficiente”.

Álvarez sinalou que “unha administración seria e rigorosa como da que presume o PP non debera permitir este tipo de erros sistematicamente, agás que se queira aparentar que se dota suficientemente e a continuación fagan unha execución anual detraendo cartos sistematicamente”.

Buque insignia da desfeita

Apunta que o goberno galego xa deixou sen executar 4,5 millóns de euros en 2016, 5,6 en 2017 e preto de 4,9 en 2018 correspondentes a un apartado que, xunto co programa de prevención do abandono escolar, estase convertendo no “buque insignia da desfeita do cumprimento das previsións orzamentarias do goberno galego”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....