Información
Galicia

Denuncian que o Goberno de Feijóo converte en propaganda cos cartos públicos a iniciativa Concellos Doing Bussiness Galicia

Información
03 Julio 2019 399 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Begoña Rodríguez Rumbo critica o incumprimento da iniciativa Concellos Doing Bussiness Galicia, reducida a “publicidade e propaganda para a Xunta e obrigas para os concellos galegos”

Santiago de Compostela, 03 de xullo de 19. A portavoz de Facenda e Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe que o goberno galego leva 2 anos “sen facer nada” para poñer en marcha o censo de solo empresarial de Galicia. Rodríguez Rumbo presentou unha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta que cumpra cos compromisos asumidos no protocolo asinado en 2017 coa Fegamp para crear a iniciativa Concellos Doing Bussiness Galicia, que foi rexeitada polo PP.

 

A responsable socialista acusou ao goberno galego de reducir o seu cumprimento a “publicidade e propaganda para a Xunta e obrigas para os concellos galegos”, e esixiulle que “asuman competencias, planifiquen e colaboren” coas entidades locais, que resultan “perfectos aliados en termos de igualdade, pero non os mandados da Xunta de Galicia.

Rodríguez Rumbo lembrou que logo de dous anos, a única xestión do goberno galego foi “autorizar o inicio do anteproxecto de decreto polo que se regulará o censo de solo empresarial”, no Consello da Xunta do pasado 23 de maio, o que para Rodríguez Rumbo “significa que en dous anos non fixeron absolutamente nada”.

Os socialistas galegos esixíronlle ao goberno galego que presente nun prazo de un mes a avaliación das necesidades e as propostas de actuación nos parques empresariais de Galicia elaborados polo Observatorio do Solo Empresarial de Galicia. Tamén reclamou a publicación dos informes emitidos por aquel órgano, así como as entidades, asociacións, empresas ou persoas que o integran.

 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+