
Por fin, despois de máis dun ano da primeira reunión sobre o baremo, parece que a cousa se move. Queda xa no recordo lonxano as negociacións do decreto de provisión de postos, ou mesmo as promesas e promesas de unha convocatoria inminente.
A ver que sae desta reunión, pero recordamos as miles de comisións de servizo que agora mesmo temos na adminsitración autonómica e as denuncias públicas da CIG ao respecto. Todo o persoal funcionario temos dereito a unha mobilidade con certeza no tempo e xusta na baremación.
Estaremos atentos, a ver ata onde chega a nave...... que non sexa outra Barreirada que comeza e nunca remata.