Información
Galicia

Aitor Bouza: “Feijóo volve a expulsar aos mozos/as investigadores do noso país por mor da súa nefasta xestión”

Información
08 Julio 2019 360 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Dende a Organización reivindicaron que “as mozas e os mozos investigadores teñen dereito a que a Xunta non os conduza á precariedade. Consideramos que os mozos galegos merecen un goberno eficaz que leve adiante con dilixencia os programas chave que permiten desenvolver á mocidade a súa carreira profesional en Galicia.”Dende a Organización reivindicaron que “as mozas e os mozos investigadores teñen dereito a que a Xunta non os conduza á precariedade. Consideramos que os mozos galegos merecen un goberno eficaz que leve adiante con dilixencia os programas chave que permiten desenvolver á mocidade a súa carreira profesional en Galicia.”


Bouza manifestou que “esta é a nova fórmula do Sr. Feijóo de entregarlle maletas en diferido aos nosos mellores investigadores/as para que marchen do noso país. É impresentable. Deben asumirse responsabilidades por este feito completamente lamentable.”

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2019
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) saíron hoxe ao paso ás novas publicadas no día de onte nas que se informaba 34 investigadores/as de alto nivel quedarán no paro pola mala xestión do Goberno de Núñez Feijóo.”
O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, acompañado do secretario de educación, Rubén Prol, lamentou que “o único futuro que lles brinda o Sr. Feijóo aos investigadores/as é fuxir da nosa terra e ter que exiliarse economicamente noutros países. Esa é política a prol da investigación que está a practicar o Partido Popular.”
Bouza manifestou que “esta é a nova fórmula do Sr. Feijóo de entregarlle maletas en diferido aos nosos mellores investigadores/as para que marchen do noso país. É impresentable. Deben asumirse responsabilidades por este feito completamente lamentable.”
O líder socialista lamentou que “non se trata soamente de mala xestión, senón que tamén agocha a súa ideoloxía, pola que non queren que a investigación teña futuro na nosa Comunidade Autónoma. Consideramos que os mozos galegos merecen un goberno eficaz que leve adiante con dilixencia os programas chave que permiten desenvolver á mocidade a súa carreira profesional en Galicia.”
O secretario de educación, Rubén Prol, engadiu que “a falta de interese da Xunta en conducir unha política universitaria seria leva á precariedade aos mozos investigadores en Galicia. O Partido Popular non se debería agochar ante un problema que se orixina na súa ausencia de acción de goberno”. 

O secretario de educación destacou que “os orzamentos dedicados a bolsas de investigación xa son moi limitados en contía. Se a iso lle engadimos unha execución parsimoniosa, incompatible co réxime de traballo da investigación e co ano académico universitario, o que temos e que o pouco orzamento dispoñible nin sequera se aproveita como debería para mellorar a estabilidade laboral dos bolseiros investigadores”.
A continuación, Prol engadiu que “a Xunta pode intentar xustificar politicamente o pouco orzamento que dedica á Universidade dende o punto de vista dos socialistas, o que é inxustificable e que execute de forma recorrente os orzamentos de bolsas de investigación ano tras ano, en prexuízo das mozas e mozos investigadores”.
Por iso, as mozas e mozos socialistas esixiron que “se poña fin ao esmorecemento da xestión universitaria, porque as galegas e os galegos merecen unha política universitaria e de investigación que aproveite ás necesidades da cidadanía. Para iso, precisamos que máis pronto que tarde haxa un cambio de Goberno en Galicia que xa se viu reflexado nas urnas das pasadas eleccións.”

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+