Información
Galicia

Denuncian falla de controis e calidade nas comidas escolares de Galicia baixo responsabilidade de Feijóo que trasladou os servizos a empresas foraneas para facer negocio coa saude infantil.

Información
30 Junio 2016 2633 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 

Algunhas persoas afirman que co voto mayoriatario ao PP moitas persoas autorizan o maltrato alimentario a seus propios fillos baixo a xestión do goberno de Feijóo

Carmen Gallego sinala que a obsesión por impoñer o prezo como criterio prioritario pon en risco a saúde dos nenos e nenas, dos maiores e dos discapacitados usuarios, amosou hoxe o seu “asombro” polo veto do PP a unha iniciativa socialista debatida hoxe en Comisión para inspeccionar o servizo de cátering nos servizos públicos e situar como criterios prioritarios a calidade, a orixe galega dos produtos e a proximidade antes que o prezo.

Gallego lembrou as reiteradas denuncias en centros públicos sobre a calidade da comida, procedentes nomeadamente dende Anpas de colexios infantís como O Pitaño de Vilagarcía, ou centros de día como o de Tomiño, que logo das denuncias do ano pasado neste mesmo verán estanse a repetir as protestas por comida en mal estado, de mala calidade ou ínfima calidade....O PPdeG baixo ordes de Feijóo protexe de forma aberta VETANDO INSPECCIONAR O SERVIZO DE CÁTERING NOS CENTROS PÚBLICOS E IMPIDE PRIORIZAR A CALIDADE, A ORIXE GALEGA do que comen os nenos-as galegaos-as

Otros articulos relacionados.....