Información
Galicia

Divulgación astronómica do "O camiño das estrelas" en distintos concellos polos que transcorre a Ruta Xacobea

Información
15 Julio 2019 539 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC desenvolverá ata o vindeiro mes de outubro un amplo conxunto de actividades de divulgación astronómica en distintos concellos polos que transcorre a Ruta Xacobea dentro do proxecto ‘O camiño das estrelas. As estrelas do camiño’. O seu propósito é poñer en valor o significado da Vía Láctea e a súa relación co feito Xacobeo, explicando en que condicións marca o camiño cara a Compostela. Ademais, o proxecto adentrará aos participantes  no mundo da astronomía mediante charlas e observacións astronómicas nocturnas tanto a simple vista como con telescopios. . 


O programa de actividades comezará o vindeiro martes 16 no Pico Sacro, onde ás 22.00 horas o concello de Boqueixón convoca unha sesión de observación da eclipse parcial de Lúa, que se iniciará coincidindo coa saída do satélite polo leste-surleste. Como explica o director do Observatorio Astronómico, José Ángel Docobo, as 23.30 terá lugar o máximo da eclipse, momento no cal a Terra tapará mais da metade do disco lunar. O fenómeno vaise prolongar ata a 1.00 horas do día 17. Paralelamente ao seguimento da eclipse, poderanse observar a través do telescopio o planeta Xúpiter e unha estrela dobre entre outros obxectos. 

As actividades deste programa de divulgación estenderanse ata finais de outubro, e de momento xa están inscritos os concellos de Allariz, Barbadás, Boqueixón, O Grove, Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Noia, Ordes, Padrón, Portomarín, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, e Vedra, algún deles con varias sesións. Ao logo do verán e outono, o profesor Docobo estima que se producirán novas incorporacións.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+