Información
Galicia

O banco Santander, cun ERE en marcha, presenta un novo expediente para deixar sen traballo a 41 persoas na Coruña

Información
15 Julio 2019 525 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Detrás destas operacións esta a vinculación de Feijoo (PPdeG).-

En pleno proceso de aplicación dun ERE para despedir a 3.223 persoas en todo o Estado, o Banco Santander vén de iniciar un novo expediente de regulación de emprego na súa filial "Santander Operaciones", que suporá o peche do centro de traballo que esta empresa  ten na Coruña e o despedimento das súas 41 traballadoras e traballadores. Pero ademais, esta medida afectará ás 69 empregadas/os da subcontrata BC Gestión Hipotecaria, que se dedica á formalización das hipotecas do banco. Para denunciar esta situación, a CIG desenvolveu unha concentración esta mañá diante do Edificio Orillamar, que no seu día acolleu os servizos centrais do Banco Pastor.

A avaricia do Grupo Santander non coñece límites e segue a ligar un ERE tras doutro, nun proceso de destrución de milleiros de empregos, desmantelamento de oficinas e centralización do emprego en Madrid, pois, como lembrou a secretaria da sección sindical da CIG, Rosa Conde, os postos de traballo que se crean no sector están dirixidos preferentemente ás estruturas de servizos centrais, que as entidades que operan en Galiza (maiormente de ámbito estatal) manteñen fóra do noso país.

Primeiro externalizar, despois despedir

Estas 41 persoas proceden dos servizos centrais do antigo Grupo Popular-Pastor, pero no marco do ERE do ano 2017, logo dunha redución de persoal de máis de 100 traballadores/as, o Santander externalizou o servizo pasando a integrarse na súa filial Santander Operaciones. Xa daquela, a CIG demandou a recolocación deste persoal na rede comercial "porque non existían garantías de futuro para estes postos. A estratexia do banco parecía clara: primeiro externalizar e logo despedir. Por desgraza, o tempo deunos a razón".

O ERE que vén de formular o Grupo Santander para a súa filial, continúa Conde, afecta a 118 persoas en todo o Estado e contempla o peche do centro da Coruña. "As alternativas para estes compañeiros e compañeiras son escasas, xa que non hai en Galiza outro centro de Santander Operaciones a onde trasladalos. Por iso, seguimos reclamando a súa reubicación dentro da rede do banco, tendo en conta que fan traballo bancario e que xa formaron parte do cadro de persoal da entidade".

Incerteza para o persoal de BC Gestión Hipotecaria

Este peche afecta tamén ás 69 persoas que traballan para BC Gestión Hipotecaria, subcontrata do Santander que se dedica á formalización de hipotecas e que en Galiza opera desde este centro. Porén, até o momento estes traballadores e traballadoras descoñecen que plans ten BC para o seu futuro ou se haberá despedimentos e traslados a outras oficinas.

A este respecto, a secretaria da sección sindical da CIG criticou o recorte de persoal nunha empresa como o Banco Santander, que declara beneficios multimillonarios, no que as prolongacións de xornada son unha práctica habitual, que contrata ETT's para suplir as carencias de traballadoras e traballadores, e que fixa uns obxectivos comerciais e unhas cargas de traballo  non asumíbeis polos cadros de persoal actuais.

Concentración e exclusión financeira

"Asistimos a unha reestruturación e unha concentración salvaxe do sector financeiro en Galiza, ante a absoluta pasividade da Xunta, que nin sequera esixiu ao Santander o mantemento en Galiza da marca e da estrutura do Banco Pastor", criticou. Isto tería permitido manter non só un maior nivel de emprego, senón tamén un nivel de competencia adecuado.

Neste senso, Conde salientou que Galiza rexistra un dos grao de competencia máis baixos da UE, ao ter o 80% do mercado financeiro controlado só por dúas entidades: Banco Santander e Abanca, incumprindo deste xeito os parámetros establecidos pola propia Unión Europea. Xunto a isto, chamou a atención sobre o feito de que, tendo en conta a nosa distribución xeográfica, o peche masivo de oficinas está levando á exclusión financeira de moita poboación.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+