Información
Galicia

Bugallo esixe á presidenta de Adif a retirada da cláusula que condiciona as obras futuras da Intermodal aos 3,5 millóns de viaxeiros

Información
17 Julio 2019 346 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, solicitoulle á presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, a retirada da cláusula incluída no convenio da estación intermodal asinado en 2016 que estipula que a segunda fase da nova estación de Alta Velocidade de Compostela se abordaría cando se acadasen os 3,5 millóns de viaxeiros. Foi no transcurso da reunión mantida hoxe á que tamén asistiu a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón. O encontro, segundo explicou o rexedor, centrouse nos convenios asinados ao longo dos últimos anos entre o Concello, a Xunta de Galicia e Adif, e nas actuacións que é necesario desenvolver en Compostela, temas que tamén tratará mañá coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

 

Sánchez Bugallo asegurou "non ter coñecemento de que esa cláusula estea en ningún outro convenio de España". Cualificouna de "singular e discriminatoria" e recordou que a estación de tren de Santiago é a que move máis viaxeiros de Galicia, "máis que a de Vigo, A Coruña ou Ourense. Polo tanto non sería xusto que se discrimine con relación ás demais". Afirmou o alcalde que "todos somos conscientes desta situación e, polo tanto, Compostela non pode esperar a que se cumpra o requisito dos tres millóns e medio de pasaxeiros" que, engadiu, "estou convencido de que se vai cumprir e superar incluso no Ano Santo de 2021. Argumentouno coas cifras do número de viaxeiros que utilizan a estación de tren, "case 2,8 millóns en 2018, e este ano debería roldar os tres millóns".

En relación á elaboración dos anteproxectos técnicos para a estación de Alta Velocidade, Sánchez Bugallo sinalou que "hai partes que están máis avanzadas do que coñecía". Subliñou que a chegada o AVE será "probablemente, no 2021", e recorda que para agosto de 2020 "temos prevista a inauguración da nova estación de autobuses vinculada á estación ferroviaria". Entre as dúas cre que moverán entre 6 e 7 millóns de viaxeiros no ano 2021, "máis que todos os aeroportos galegos xuntos. Polo tanto temos que traballar todos xuntos para que eses seis, sete millóns de persoas que van a chegar e saír por aí, reciban a atención que demandan e merecen", apuntou. Non obstante, ve difícil que no ano e medio que queda ata o 2021 estean estas infraestruturas concluídas.

Sánchez Bugallo espera que a partir da reunión de mañá coa conselleira de Infraestruturas se poida fixar un calendario de encontros para tratar estes asuntos. Afirmou observar "un grande interese e coñecemento por parte da presidenta de Adif, e estou convencido de que atoparemos o mesmo interese e o mesmo coñecemento por parte da conselleira". Entre todos, engadiu, "conseguiremos impulsar o proxecto da estación de Alta Velocidade de Santiago para que coincida coa chegada do AVE a Galicia"

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+