Concello, Xunta e Adif néganse a investigar o accidente de "Angrois" PERO POÑENSE DE ACORDO nos proxectos da futura intermodal QUE NINGUEN SOLICITOU.

Información
Galicia | 27 Julio 2019 | 1503 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Este venres reuniuse a Comisión Técnica sobre a intermodal no Pazo de Raxoi. O encontro estivo presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera.

A traxedia de Angrois cumpre seis anos sen data para o xuízo,  Xosé Sánchez Bugallo; Ethel Vázquez; e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, NON DESEXAn nen oir falar do tema, son mortos, e eels queren falar de cartos..+

Na xuntanza abordouse a aprobación provisional do proxecto de ramplas adosadas á pasarela, por un importe de 431.000 euros.

É un proxecto complementario da pasarela peonil que vai unir Pontepedriña coa avenida do Hórreo, coa estación de autobuses e coa estación de ferrocarril.

Tamén se lle deu conformidade á tramitación dunha modificación do proxecto de pasarela que pretende a redución do impacto sobre a zona de vías.

Outro dos temas da reunión foi a revisión do proxecto básico e construtivo da nova estación do AVE redactado por Adif. Acordouse sometelo a exposición pública no mes de setembro, co obxectivo de ter rematada a redacción do proxecto construtivo no mes de novembro.

Finalmente, analizouse a situación das obras da estación de autobuses. A conselleira Ethel Vázquez informou que están moi avanzadas, ratificándose o compromiso de que no mes de agosto de 2020 estean rematadas a estación de autobuses, a pasarela peonil e os novos accesos dende a rúa de Clara Campoamor.

Ao encontro tamén asistiu a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón