Información
Galicia

Feijoo non foi invitado a celebración en Ourense da homenaxe a Alexandre Bóveda no Día da Galicia Mártir

Información
17 Agosto 2019 253 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • Nun acto institucional no que intervirán o presidente do goberno provincial e a presidenta da Fundación Alexandre Bóveda, acompañados por autoridades e representantes de entidades culturais e sociais, diante do monumento e casa natal do homenaxeado.
  •  
  • A conmemoración terá lugar logo de ser aprobado pola corporación provincial, no pleno do 29 de marzo deste ano, instar ao Parlamento de Galicia a institucionalizar o 17 de agosto en memoria e homenaxe de tódalas persoas que perderon a súa vida ou foron represariadas e obrigadas moitas delas ao exilio por defenderen as liberdades democráticas e dereitos autonómicos do pobo galego.

Ourense, 16 de agosto de 2019.- A Deputación de Ourense homenaxeará ao ilustre galeguista fusilado en 1936, Alexandre Bóveda, no Día da Galicia Mártir, nun acto institucional no que intervirán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da Fundación Alexandre Bóveda, Amalia Bóveda Álvarez, acompañados por autoridades e representantes de institucións culturais e sociais, diante do monumento e casa natal do homenaxeado (rúa Barreira, 11). O acompañamento musical durante o acto correrá a cargo da Coral de Ruada.

A conmemoración terá lugar logo de ser aprobado pola corporación provincial, no pleno do 29 de marzo deste ano a proposta do Grupo do Partido Popular de Ourense, instar ao Parlamento de Galicia a institucionalizar o 17 de agosto en memoria e homenaxe das persoas que perderon a súa vida ou foron represariadas e obrigadas moitas delas ao exilio por defenderen as liberdades democráticas e dereitos autonómicos do pobo galego.

Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936 na Caeira, Concello de Poio, Pontevedra, foi un ourensán estreitamente vinculado a súa cidade e provincia. No exilio bonaerense os ourensáns continuaron lembrando e honrando a Bóveda. E así, o 17 de agosto de 1942 os integrantes da Irmandade Galega (trasunto do Partido Galeguista en América), encabezados polo rianxeiro Castelao e polo pearense Rodolfo Prada, organizaron por primeira vez no Centro Ourensano de Bos Aires, o Día dos Mártires Galegos. Conmemoración que continuaría anualmente o Centro Ourensano ata os anos 80. Coa transición democrática será o reconstituído Partido Galeguista o que rescate a data como Día da Galicia Mártir cada 17 de agosto cunha misa e un acto no cemiterio de San Mauro, Pontevedra.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+