Información
Galicia

GONZALO CABALLERO SINALA QUE FEIJÓO “NON É O MODELO PARA A GALICIA NIN PARA A ESPAÑA DO FUTURO” TRALO SEU “FRACASO ELECTORAL”

Información
28 Agosto 2019 627 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

caballero feijoo non e modeloparaninguenO secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe ao acto de homenaxe aos alcaldes, deputados e representantes políticos fusilados en agosto de 1936 en Vigo, tralo cal destacou o “compromiso” dos socialistas coa memoria histórica e coa defensa das liberdades.

Díxoo o líder dos socialistas galegos nun momento no que “as tres dereitas seguen apostando por camiños que nos levan á involución e ao retroceso” e no que os seus pactos en comunidades como Madrid ou Andalucía “poñen en risco moitos avances acadados no país”.

 

Ao fío disto, Gonzalo Caballero falou do intento do PP de sacar adiante a marca ‘España Suma’ -da que xa se descartou Ciudadanos- como fórmula para “escapar” do feito de que obtivo “os peores resultados electorais”.

Ocorreu, como sinalou o máximo dirixente do PSdeG, tanto en Galicia como en España, a pesares do cal “Feijóo non quere ver a realidade” ao autoproclamarse o referente da dereita. “Di que é o exemplo para Casado, pero non”, engadiu, para aludir a que Feijóo levou ao PP a perder as eleccións “por primeira vez na historia de Galicia”.

Feijóo non é modelo para a Galicia do futuro nin para a España do futuro”, proseguiu Gonzalo Caballero, ao recordar que “o 55% dos galegos votaron por forzas de progreso lideradas polo PSdeG”. “A súa etapa está esgotada e xa hai unha nova maioría social farta dos seus recortes”, apuntou.

RESPALDO” A PEDRO SÁNCHEZ

Dito isto, a preguntas dos xornalistas, o secretario xeral manifestou “todo o respaldo do PSdeG” a Pedro Sánchez nas negociacións que está levando a cabo para que España conte “cun goberno progresista”.

Temos como opción preferente un goberno progresista, pero estamos preparados para ir a eleccións”, engadiu Gonzalo Caballero, consciente de que “fronte a Pedro Sánchez e o PSOE “non hai ningunha opción”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+