Imprimir

Natalia Millán e Zércalo pechan este mércores o ciclo ‘Entre lusco e fusco’ cun repertorio inspirado na canción francesa

Información
Galicia | 05 Julio 2016 | 6491 Votos

A televisiva e polifacética artista Natalia Millán pechará este mércores 6 de xullo o ciclo musical ‘Entre lusco e fusco’ cun concerto no parque Rosalía de Castro de Lugo, onde, acompañada da banda Zércalo, interpretará un repertorio inspirado na canción francesa.

 

A actuación de Natalia Millán comezará ás 21.00 horas e servirá de peche da programación musical de ‘Entre lusco e fusco’, un ciclo organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo. A entrada ao concerto, que se trasladará ao Círculo das Artes e Lugo en caso de choiva, é libre e de balde para todo o público interesado.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Galicia
Visto: 6491