Información
Galicia

DENUNCIAN QUE FEIJÓO DEIXOU SEN EXECUTAR EN TRES ANOS 305 MILLÓNS DE EUROS DE PARTIDAS PARA FIXAR POBOACIÓN NO RURAL

Información
06 Septiembre 2019 761 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Begoña Rodríguez Rumbo alerta da “Lexislatura do Desmantelamento do Rural” cun goberno que “non se preocupa” de apoiar ao interior de Galicia

Santiago de Compostela, 06 de setembro de 19. A portavoz de Administración Local e Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “deixar sen executar no que vai de Lexislatura 305 millóns de euros nas dúas partidas para fixar poboación no rural”. Así o dixo no debate en Comisión dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para incentivar o asentamento poboacional no rural, que foi rexeitada polo PP.

 

A responsable socialista explicou que entre 2016 e 2018 o goberno galego deixou sen executar un total de 29 millóns de euros da partida para fixación de poboación non rural e outros 276 millóns de euros para a dinamización económica destes territorios. A estes 305 millóns de euros desbotados polo goberno galego, explicou, súmase o escaso pulo á Lei do Impulso Demográfico de Galicia, que “entrou no Parlamento no terceiro ano da terceira Lexislatura de Feijóo”.

Rodríguez Rumbo denunciou o “insuficiente apoio aos sectores produtivos no rural”, coa “falla de impulso ás actividades económicas agrícolas e gandeiras” e a precarización dos servizos públicos. O peche de escolas infantís no rural ou o desmantelamento dos servizos de Atención Primaria, dixo, provocan que a sangría demográfica que afecta a Galicia sexa especialmente problemática no interior.

Advertiu que “por moito que xuntaran partidas xa existentes, lles puxeran un lazo e o chamaran Plan de Fixación de Poboación” a realidade dos datos “desminte a Feijóo cando di que esta é a Lexislatura do Rural e a súa imaxe de bo xestor, así como a política de publicidade e propaganda do PP”.

Dixo así que Galicia perdeu 97.000 habitantes en 10 anos, 2.421 deles no último ano, co que Galicia rexistrou en 2018 o peor saldo vexetativo de tódalas comunidades autónomas, e en 10 anos de goberno de Feijóo “perdemos 227.000 persoas menores de 40 anos”. O envellecemento poboacional provoca así que o 16 por cento da poboación teña menos de 20 anos e o 25 por cento máis de 65.

Ademais, a maior parte da poboación concéntrase na franxa atlántica, e o resto do país esmorece con 3.500 zonas pouco poboadas, 8 de cada 10 concellos perden poboación e hai 20 localidades con menos de 2.000 habitantes. Un problema que, explicou, “non era novo, pero para Feijóo, máis preocupado pola publicidade e a propaganda, nunca foi unha prioridade, e 10 anos temos unha situación moito máis agravada”.

A responsable socialista reclamoulle hoxe á Xunta un estudo sobre as medidas necesarias para incentivar o asentamento poboacional no rural galego “co fin de reverter esta dinámica poboacional”, e adoptar as medidas necesarias para “incentivar a modernización, competitividade ou especialización dos sectores produtivos do rural galego”.

Tamén reclama “as medidas necesarias para favorecer a inserción laboral de calidade na nosa Comunidade Autónoma” e “colaborar financeiramente cos concellos, fundamentalmente cos máis pequenos, co fin de que poidan desenvolver axeitadamente as competencias que lle outorgan as leis”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+