Información
Galicia

O Goberno de Feijóo o xoven que non expulsou a emigración o meteu directamente nas filas do INEM convertendo o maior incremento do paro desde 2008

Información
09 Septiembre 2019 403 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A precariedade segue avanzando no mercado laboral en Galiza. Así o constatan os datos de paro rexistrado que se veñen de facer públicos xa que, malia asinarse un elevadísimo número de contratos, na súa inmensa maioría temporais, destrúese emprego. “Evidencia a precariedade, temporalidade e nefasta calidade do emprego que temos en Galiza.

 

Está claro que coas mesmas políticas, teremos os mesmos resultados e nada indica que o PSOE estea disposto a abandonar o camiño trazado polo PP”, asegura o secretario confederal de Emprego da CIG, Fran Cartelle.

O número de persoas paradas rexistradas nas oficinas do SEPE en Galiza medrou no mes de agosto en 2.899 o que sitúa o número total de desempregados/as en 153.820 persoas, o que supón o maior incremento desde o ano 2008 neste mes.

Se ben o sector industrial amosa unha tendencia semellante a anos anteriores, non ocorre o mesmo nin na Construción, nin no sector servizos porque neste mes adoita continuar baixando o paro na Construción en valores significativos. Porén, este último mes tan só descendeu un 0,3%. Ademais, o sector servizos non adoita anotar variacións significativas neste mes, pero neste último  medraron nun 2,6% as persoas paradas no mesmo.

Na media do Estado tamén se produce un empeoramento de tódolos indicadores.

Contratos temporais

A pesar deste medre do desemprego, o número de contratos rexistrados segue sendo moi elevado, no mes de agosto rexistráronse 93.629 novos contratos. Porén é tal a temporalidade que tan só o 6,2% foron baixo algunha das modalidades de contratación indefinida.

No que atinxe a afiliación á Seguridade Social, esta situouse en 1.036.900 persoas de media no mes de agosto, un 0,05% menos que no mes anterior, o que en termo absolutos significa 582 persoas menos.

As expectativas, para o secretario confederal de Emprego da CIG, Fran Cartelle, non son nada boas. Denuncia que foron as reformas laborais e da negociación colectiva as que crearon as condicións para que se disparara a precariedade a límites insostibles e que porén o PSOE, nin ten intención de derrogar esas reformas nin ten previsto mudar as políticas económicas”.

Cartelle carga tamén contra o goberno do PP na Xunta de Galiza e responsabiliza a Feijóo dunhas “políticas industriais suicidas porque son inexistentes” e de ter abandonado ao conxunto de sectores produtivos á súa sorte. “Afrontamos unha situación crítica, cun futuro incerto para o conxunto da industria enerxética que non só afecta a postos de traballo directos senón ao conxunto da economía do noso país, pero o presidente da Xunta é incapaz de reaccionar”.

Por iso, o secretario confederal de Emprego exixe “políticas industriais que xeren emprego de calidade e que permitan á mocidade non ter que coller a maleta á busca dun posto de traballo e unha vida digna fóra de Galiza”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+