Información
Galicia

Vigo informou este xoves da última iniciativa do Concello na que non quere participar Feijoo-PPdeG para promover a candidatura das Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade.

Información
13 Septiembre 2019 921 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Vigo informou este xoves da última iniciativa do Concello para promover a candidatura das Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. A actividade, enmarcada no programa cultural da candidatura viguesa, consiste en un Desafío Audiovisual e Fotográfico para crear un Laboratorio Artístico que difunda o patrimonio natural do arquipélago.

O Concello de Vigo puxo en marcha unha nova iniciativa de promoción da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade dentro do programa cultural para fomentar a difusión do patrimonio natural do arquipélago vigués coa actividade "Desafío Audiovisual e Fotográfico Illas Cíes".



O alcalde, Abel Caballero, informou en rolda de prensa de que "o obxectivo é redescubrir as illas como un Laboratorio Artístico" sobre o que desenrolar o enxeño e a creatividade. Esta primeira edición da iniciativa centrarase nas disciplinas audiovisual e fotográfica coa selección de seis grupos de seis persoas ligadas ao ámbito audiovisual e seis fotógrafos.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 17 de setembro e os seleccionados permanecerán catro días nas Cíes (do 26 ao 29 de setembro) para o proceso de realización de obras.

"Os equipos e fotógrafos estarán guiados en todo momento por membros do Comité Técnico e Científico da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade", apuntou o alcalde durante a súa comparecencia ante los medios.

Tras a fase de edición de obras, os proxectos deberán ser presentados antes do 30 de outubro e avalados por un Comité de Expertos constituído para tal fin. Para a edición haberá unha bolsa económica de axuda que garantirá a calidade óptima dos traballos. No caso dos proxectos fotográficos serán 1.200 euros e un premio final de exposición da obra, mentres que nos proxectos audiovisuais son 800 euros por equipo e un premio final audiovisual de 1.000 euros ao gañador.

A última fase será a exposición fotográfica e a presentación dos vídeos o vindeiro mes de decembro.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+