7 podios para os Mestres do Fogar no Galego de Augas Abertas

Información
Galicia | 16 Septiembre 2019 | 2104 Votos | Correo electrónico | Imprimir

5d31966d8b211caefd2fede0f5ef4f9332c37599

 

O pasado sábado disputábase na Enseada de San Amaro en A Coruña, o III Campionato Galego de Natación en Augas Abertas, proba rexional que contaba coa presenza e participación de 7 dos mestres da AD.Fogar e as súas seccións en Carballo e Oleiros que callaban unha destacada actuación, acadando 7 dos postos de podio da xornada.

Cora Vinagre e Elisa Pichel proclamáronse campioas galegas das categorías +30 e +35 anos, Pablo Fernández e Rudy Palamedi eran subcampións galegos das categorías +35 e +60 anos e Pablo Carro alzábase co bronce da categoría +45 anos, todos eles sobre a distancia dos 2.500 metros. Por equipos os da AD.Fogar fomos 3º nas 2 categorías, a feminina e a masculina. Os resultados deste III Campionato Galego de Augas Abertas poden consultarse na ligazón federativa https://www.fegan.org/mp/default/post/2455.

social youtube xornalgalicia   feed-image