Información
Galicia

‘Pelerinaxes’ chega a Santo André de Teixido

Información
07 Julio 2016 4224 votos

PELERINAXES film frame2O filme percorre o Camiño entre Ourense e o santuario, inspirado no libro de Ramón Otero Pedrayo. Estarán na proxección o director, Simone Saibene, e Valentín Carrera, autor de ‘Viaje al fin de los mundos’, que fala da mesma ruta

Trátase dun dos primeiros actos organizado pola Asociación Cultural e Recreativa Camino de San Andrés de Teixido, presidida por Ramón Tudela,que aspira a potenciar e poñer en valor estas rutas de peregrinación

Cedeira.- 7 de xullo de 2016.- A película ‘Pelerinaxes’, do director italo-galego Simone Saibene, proxectarase en Santo André de Teixido logo da súa estrea en Lugo o pasado martes. Esta será a segunda parada do filme e é un dos primeiros actos que organiza a Asociación Cultural y Recreativa Camino a San Andrés de Teixido, co obxectivo de potenciar os camiños a esta poboación. Este colectivo está a colaborar coa difusión da película e tamén está a deseñar outras accións para poñer en valor as rutas e para favorecer o coñecemento das mesmas.

A proxección celebrarase no teleclub de San Andrés o venres, 8 de xullo, ás 21:30 horas. Está prevista a presenza de Saibene, o presidente da Asociación, Ramón Tudela; o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda; e de Valentín Carrera –autor do libro ‘Viaje al fin de los mundos’, froito ao igual que Pelerinaxes dun percorrido a pé entre Ourense e Santo André no ano 1987-. Existe tamén a posibilidade de que se achegue unha das actrices que participan no filme.

Según Saibene, o obxectivo desta película, que mestura tres das súas grandes paixóns (o cinema on the road, a literatura de viaxes e o seu amor pola cultura galega), é que o público teña ocasión de "gozar de esta historia, que se coloca entre a ficción e o documental, e que reflexiona sobre a Galicia contemporánea". Ademais, explica, "gustaríame que a película sirva para dar a coñecer esta ruta alternativa, menos turística e máis galega". De momento xa está previsto que se dea a coñecer en Francia a través de dous festivais, o de Cournouaille e o de Lorient.

Esta película, inspirada no libro ‘Pelerinaxes I’, fai o mesmo camiño que fixeron, en 1927, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido (Cedeira). Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As Burgas e que percorre diversos pobos das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña (Vilamarín, Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Rábade, Vilalba, As Pontes e Ortigueira, entre outros).

Foi precisamente un 5 de xullo, fai 89 años, cando Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey emprenderon esa viaxe desde Ourense cara Santo André de Teixido.

Protagoniza a longametraxe a actriz lucense Carmen Méndez, que encarna a Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual que percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André, para acabar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto a un compañeiro, falecido anos atrás nun accidente.

‘Pelerinaxes’, que se sitúa entre a ficción e o documental, alterna o traxecto realizado pola protagonista con entrevistas a homes e mulleres, figuras do mundo cultural galego coma Laura Tato, Valentín Carrera, Patricia Chachero, Susana Reboreda, Carme Fernández-Pérez Sanjulián, Pablo Gallego, Luis Martínez Risco ou Alberto Allegue.

Ademais da actriz Carmen Méndez, conforman tamén o reparto desta película Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco. A última, neta de Vicente Risco, leu en Ortigueira o discurso que en 1927 lle foi negado ao seu avó, por ser considerado un revolucionario durante a ditadura de Primo de Rivera.

A banda sonora de ‘Pelerinaxes’ foi composta por Daniel Minimalia, Ruxe-Ruxe, MCarballo, Elena Domínguez e Miguel Álvarez e foi gravada integramente en directo. Na Praza do Campo de Lugo, o grupo Ruxe-Ruxe interpretou unha nova versión de ‘Non temos medo’, canción inspirada a Santo André de Teixido.

EXPOSICIÓN

Durante a rodaxe de ‘Pelerinaxes’, os fotógrafos Iván Fernández e Iago González tomaron fotografías que darán lugar a unha exposición que acompañará á película nalgunhas proxeccións. A inauguración deste traballo -patrocinado pola Escola de Arte Antón Faílde, de Ourense, e pola Asociación Cultural e Recreativa Camiño a Santo André de Teixido-, que amosa o making off da película de Simone Saibene, está prevista para o 19 de xullo no Festival de Cournouaille en Francia, coincidindo coa estrea da mesma.

Titulada ‘Dúas miradas cara San Andrés de Teixido’, mostra a visión dos dous fotógrafos, inspirados no camiño que fixeron as citadas figuras claves do galeguismo cara finais dos años 20. As imaxes reflicten un cadro sobre a Galicia contemporánea, sobre a súa paisaxe e tamén sobre elementos identitarios que sobreviven á modernidade.

TRAXECTORIA

Simone Saibene naceu no norte de Italia en 1977. Desde 2010 vive en Ourense, onde fundou a produtora e distribuidora Noveolas Producciones. A súa última longametraxe, 9 ondas, data de 2013. Foi tamén encargado da distribución do documental Frankenstein-04155 de Aitor Rei, gañador do premio do público en Cineuropa 2015 e dunha mención especial na última edición da Seminci de Valladolid.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago