Información
Galicia

O PPdeG escapou para Arxentina para non dar a "cara" no IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo

Información
17 Septiembre 2019 551 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, e de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou hoxe na mesa redonda "Desenvolvemento produtivo con inclusión: o rol das industrias creativas e culturais na economía local", que se tivo lugar no marco do IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo, que se celebra en Sevilla. Durante a súa intervención, sinalou que en Compostela, cultura e patrimonio levan séculos "intimamente relacionados. E é aí onde estamos traballando, nesa simbiose. Por iso redactamos o Plan de Xestión da Cidade Histórica, que contempla a acción cultural e a potenciación do noso patrimonio como un aspecto esencial do noso desenvolvemento económico".

 

Despois de falar da importancia do Camiño de Santiago como "transmisor da cultura europea"; e de salientar o papel que ten o patrimonio intanxible no desenvolvemento económico da cidade, destacou o valor das peregrinacións e a ampla oferta cultural e creativa de Santiago.

Mercedes Rosón explicou o Plan de Xestión da Cidade Histórica, un plan que recolle oito obxectivos estratéxicos e retos de futuro. Entre eles: desenvolver o potencial de acollida residencial da zona monumental e recuperar as actividades comerciais e culturais propias e específicas; asegurar a conservación do patrimonio histórico-arqueolóxico; integrar a cidade histórica na súa base territorial; reorientar o modelo turístico; profundar no coñecemento do patrimonio, comunicar e educar; integrar á cidade histórica na súa contorna urbana e comarcal; e impulsar a vinculación da Cidade Histórica coa innovación e o coñecemento, xunto ao apoio ás actividades creativas.

Incidiu, sobre todo, neste último punto. "O noso obxectivo é impulsar o gran potencial de Compostela como nó de innovación e coñecemento", sinalou Mercedes Rosón, "favorecendo a implantación de espazos destinados a esta actividade, dotados e ben artellados; fomentando actividades creativas e artísticas; e promovendo unha nova relación entre a USC e a Cidade Histórica" a través de Universidade.

No marco deste IV Foro Iberoamericano de Alcaldes: Patrimonio Vivo, a concelleira de Acción Cultural, participou onte nun acto no Polígono Sur de Sevilla, no barrio das 3.000 vivendas, un dos máis pobres de España, e no que o concello sevillano está centrando as súas enerxías coa creación do espazo Factoría Cultural e dun centro de maiores. Estaban presentes catro representantes de distintas cidades e tres representantes veciñais nun encontro con formato radiofónico, no que se debateu sobre a cultura como elemento de transformación e desenvolvemento urbano e patrimonia

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+