Imprimir

2.000 documentos da historia e da lingua de Galicia, no berce da Ribeira Sacra

Información
Galicia | 18 Septiembre 2019 | 2152 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A obra, en soporte mixto papel-CD, contén a edición de toda a colección documental do mosteiro de Santa María de Montederramo, desde o primeiro texto que se conserva (de 1124) ata os últimos escritos en pergamiño no século XVI (1560), ata completar un total de 1880 documentos, seguidos de dous longos apéndices que conteñen dúas cartas executorias de 1520 e 1606 que reproducen moitos dos textos anteriores. O volume inclúe ademais un índice antroponímico, outro toponímico e unha extensa introdución na que figuran notas de carácter histórico, as normas de transcrición e consideracións sobre características ortográficas e lingüísticas.

 

Edítase no marco do proxecto "Gallaeciae Monumenta Historica", un repositorio de documentación histórica desenvolvido e promovido polo CCG coa participación e colaboración de institucións coma o Centro Ramón Piñeiro (Xunta de Galicia), o ILG, a Real Academia Galega e o Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" do CSIC.

Categoría: Galicia
Visto: 2152