Información
Galicia

O TSXG anula o proceso polo que se enchufara a 69 funcionarios/as da Deputación de Ourense que goberna Baltar ( PPdeG ).

Información
21 Septiembre 2019 856 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Sala Especial do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de desestimar o recurso de casación interposto pola Deputación de Ourense contra a sentenza do propio TSXG que confirmara a decisión do Xulgado contencioso administrativo de anular as bases reguladoras e a convocatoria do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo no ente provincial.

 

Dende a central lembran que se trata da cuarta resolución xudicial que lle dá a razón á CIG sobre a ilegalidade do concurso ordinario que dende finais de 2016 organizou e convocou a Deputación de Ourense para adscribir a 69 funcionarios/as en postos de traballo de alto nivel. 

No caso de que a Deputación non cumpra o prazo a CIG poderá pedir a execución forzosa da sentenza

Trátase dun auto e firme contra o que non caben máis recursos, polo que a Deputación ten un prazo de dous meses para cumprir o disposto na sentenza orixinal, do xulgado do contencioso administrativo número 2 de Ourense, que ordenaba anular as bases reguladoras e a convocatoria do concurso ordinario organizado.

No caso de que non se cumpra este prazo a CIG poderá solicitar a execución forzosa da sentenza e, mesmo que se impoñan multas coercitivas aos responsábeis políticos/as que a acaten.

Categoría, posto e soldo anterior ao concurso

O cumprimento da sentenza supón que a Presidencia da Deputación ten que ditar unha resolución acordando a anulación das bases e do concurso e, consecuentemente, anular tamén as 69 adxudicacións de postos de traballo e de categorías realizadas a favor dos funcionarios/as que participaran nel; atribuíndolle ademais a categoría, soldo e posto que tiñan antes do concurso.

Esta resolución anulatoria afectará a 69 funcionarios/as, que deberán volver aos seus postos de orixe e perder os beneficios que irregularmente lle concedera a Deputación.

Dende a CIG amosan a súa satisfacción polo pronunciamento xudicial, ao tempo que agardan que a Deputación “non nos obrigue a ter que executar forzosamente a sentenza, porque iso implicaría que nos atopariamos na obriga de presentar denuncia contra os gobernantes que non cumpran o mandato xudicial”

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+