Imprimir

Baltar tras reunirse cos empresarios días despois lles regala mais de 100.000 euros públicos.

Información
Galicia | 24 Septiembre 2019 | 1837 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Ourense, 23 de setembro de 2019.- A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada hoxe diversas axudas para cooperar con concellos e entidades en proxectos culturais, rurais, turísticos, de infraestruturas e de apoio á internacionalización de empresas. En concreto, aprobou unha achega de 100.000 euros para a Confederación Empresarial de Ourense, para o Plan Exportou, e outra de 12.000 euros para o Colexio de Farmacéuticos de Orense, destinada ao Plan de Apoio Farmacias Medio Rural, e tamén outra achega de 40.000 euros para a Facultade de Xeografía e Historia  

Publicado Información 19 Septiembre 2019  A "caída política de Feijoo" nas estadísticas evidencia o interés da Reunión da directiva do Círculo de Empresarios de Galicia na Deputación de Ourense, preferindo a Baltar "chave" da posible presidencia a Xunta.

Ourense, 18 de setembro de 2019.- A xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia celebrou hoxe unha sesión deste órgano na sala de xuntas da Deputación de Ourense, á que asistiu o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar. A reunión, na que participaron os membros da xunta directiva, encabezados pola presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, e empresarios, como o ourensán Emilio Pérez Nieto, enmárcase dentro das actividades de colaboración que vén mantendo a organización empresarial coa Deputación de Ourense, con iniciativas de cooperación nos ámbitos do emprendemento, investimento, internacionalización e networking, "liñas de colaboración que contribúen a potenciar as sinerxias entre ámbalas dúas entidades e a favorecer a competitividade económica da provincia de Ourense, sempre con ese talante cooperador que amosa o Círculo de Empresarios de Galicia", destacou Manuel Baltar.

Categoría: Galicia
Visto: 1837