El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Galicia

O Colexio de Xornalistas reúne a expertos para debater sobre a desinformación e as ameazas á liberdade de expresión

Información
07 Noviembre 2019 631 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza a xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos, que terá lugar o vindeiro xoves 28 de novembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avenida de Castelao, s/n), en horario de 9:00 a 19:30.

A inscrición na xornada, que é gratuíta, pódese facer a través do seguinte formulário: http://docs.google.com/forms/d/1lewxi7zn8QEACVdzNCIk_fGzad38-zUJKZbMyYJ1QNA/viewform?edit_requested=true. O acto conta coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación e nela participarán varios especialistas na loita contra a desinformación.

 

O Colexio formula este debate ante a aparición de diferentes fenómenos que aumentan o peso da desinformación no panorama mediático. A proliferación de bulos e noticias falsas non é un fenómeno novo, mais o xornalismo ten a obriga de reflexionar sobre a súa expansión e de reformular as ferramentas para combatela.

Con este fin reuniranse nesta xornada xornalistas como Paolo Berizzi, Marta Peirano ou Edith Rodríguez, especializados en extremismos, desinformación e ataques á liberdade de expresión, que ofrecerán cadansúa conferencia. Ademais terán lugar tres mesas redondas con xornalistas, responsables de verificación e fact-checking e representantes do ámbito académico.

O acto comezará ás nove da mañá coas intervencións dos decanos do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Francisco González Sarria, e da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Xosé Ramón Pousa Estévez. A seguir, o xornalista italiano Paolo Berizzi falará sobre “O avance da extrema dereita en Europa: Desafío para o xornalismo”. Berizzi destaca como investigador do neofascismo no seu país desde as páxinas do diario La Repubblica e de libros como NazItalia.

A xornada de mañá completarase con dúas mesas redondas. A primeira, moderada pola xornalista do Faro de Vigo Lara Graña, analizará “As fake news como estratexia informativa”, e participarán nela Patricia R. Blanco (do blog ‘Hechos’ de El País), Eli Vivas (da plataforma Verificat e Storydata)  e César Peña (do Laboratorio de Innovación Audiovisual de RTVE), entre outros expertos.

Na segunda, os xornalistas Fernando Varela (infoLibre), Virginia P. Alonso (Público), María Obelleiro (Sermos Galiza e Nós Diario), Xosé Hermida (El País), Xurxo Salgado (Galicia Confidencial) e David Lombao (Praza Pública) debaterán sobre "Os novos  movementos extremistas e como afrontar o fenómeno desde o xornalismo".

A xornalista Marta Peirano abrirá a xornada da tarde

Ás catro da tarde reanudarase a actividade cunha conferencia de Marta Peirano, “Facer xornalismo na era da desinformación”, que será presentada pola xornalista da Radio Galega, e membro da Xunta de Goberno do CPXG, Belén Regueira. Xornalista e ensaísta, especializada en tecnoloxía e poder, Peirano foi xefa da sección cultural de eldiario.es e fundadora de CryptoParty Berlín e Copyfight. O seu último libro, El enemigo conoce el sistema, investiga a maneira opaca na que os servidores de internet xestionan a información que obteñen dos usuarios.

A continuación, a mesa redonda "Ameazas para a información no mundo dixital", xuntará aos expertos das universidades Alexandre López-Borrull (Universitat Oberta de Catalunya), Raúl Magallón Rosa (Universidad Carlos III), Dolors Palau-Sampio (Universitat de València) e Edita de Lorenzo (Universidade de Vigo, COETG). Esta mesa será moderada por Berta García Orosa, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

A xornada rematará con Edith Rodríguez, relatora para os ataques contra a liberdade de prensa de Reporteiros Sen Fronteiras España, que impartirá a conferencia "Os ataques á liberdade de prensa en España". Fernanda Tabarés, xornalista do Grupo Voz, presentará a conferencia de peche desta xornada.

A inscrición nas xornadas é gratuíta até completar o aforo do auditorio e pode realizarse a través do formulario dispoñible na rede: http://docs.google.com/forms/d/1lewxi7zn8QEACVdzNCIk_fGzad38-zUJKZbMyYJ1QNA/viewform?edit_requested=true. Ás persoas asistentes entregaráselles un diploma acreditativo.

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....