Información
Galicia

Investigadores da USC confirman a relación entre bricolaxe e cancro de pulmón

Información
15 Noviembre 2019 120 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Investigadores da USC acaban de publicar un estudo na revista Environmental Research no que constatan que aquelas persoas que realizan actividades de tipo bricolaxe, pintura, modelismo ou restauración de mobles no seu tempo libre, posúen un maior risco de desenvolver cancro de pulmón. Neste estudo participaron catorce hospitais das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid, así como e un hospital de Portugal, malia que a meirande parte dos participantes foron galegos. De entre os integrantes do estudo, 1.528 persoas foron diagnosticadas de cancro de pulmón.

 

 

Os resultados da investigación indican que as persoas que fixeron este tipo de actividades durante dez ou máis anos teñen o dobre de risco de padecer cancro de pulmón comparados coas persoas que non as fixeron. O risco aumenta entre as persoas que dedicaron máis tempo a facelas, así a partir de sete horas semanais, o risco de padecer cancro de pulmón é catro veces mais alto. “O risco de cancro pulmonar tamén é elevado e estatisticamente significativo nos nunca fumadores, tendo estes últimos tres veces maior risco de cancro pulmonar se fan estas actividades dez anos ou máis en comparación cos que non realizan ditas actividades”, afirman os autores do estudo. Todos os resultados tiveron en conta o sexo, a idade dos participantes, o nivel de estudos, o consumo de tabaco e a exposición a radon residencial.

 
Alberto Ruano Raviña. Imaxe de arquivo

Este estudo é o mais grande, en termos de participantes, dos realizados ata o de agora en relación coa influencia deste tipo de actividades de tempo libre e o desenvolvemento de cancro de pulmón. Os autores deste traballo xa publicaran indicios desta asociación, se ben os resultados obtidos neste estudo confirman os achados previos. Moitas das sustancias empregadas nestas actividades son análogas a outras empregadas en ocupacións con maior risco de cancro de pulmón, tales como carpinteiros, ebanistas, industria da goma ou do calzado, e implican a exposición a disolventes orgánicos, colas, pegamentos, vernices ou po de madeira.

 

Os autores destacan que a mellor maneira de evitar o cancro de pulmón é non fumar e no caso dos nunca fumadores, saber se teñen niveis elevados de radon no seu domicilio, se realizan actividades de bricolaxe, pintura, modelismo ou restauración de mobles ou mesmo outras nas que as exposicións sexan similares e facelas en lugares con boa ventilación empregando medidas de protección.

 

Este traballo, financiado por varios proxectos de investigación competitivos, forma parte da tese de doutoramento de María Lorenzo González, do programa de doutoramento de Epidemioloxía e Saúde Pública da USC. O investigador principal do mesmo é o profesor Alberto Ruano Raviña, coordinador do Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia en Epidemioloxía e Saúde Pública.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+