Información
Galicia

Esquerda Unida tacha a actitude da Xunta de Galicia de cínica xa que di que é ‘abolicionista’ e permite que os culpables da Carioca queden impunes

Información
15 Noviembre 2019 496 votos

-No marco do 25N, Esquerda Unida celebrará un acto na Coruña no que se abordará a violencia vicaria.

-Pese a que a Xunta de Galicia se declare abolicionista, segue a permitir a total impunidade e abandono ás vítimas no Caso Carioca ao non exercer como acusación popular, tal e como solicitaba EU.

 

Compostela, 15 de novembro de 2019. Esta mañá Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, presentou en rolda de prensa a realización dun acto que celebraremos este 28 de novembro co motivo do 25N sobre violencia vicaria e falou sobre o cinismo dunha Xunta de Galicia que se considera “abolicionista” aínda que non actúa así respecto ao acontecido coa Operación Carioca.

Actos e mobilizacións de cara ao 25N

Nada máis comezar a rolda de prensa, Eva Solla trasladou “dous elementos importantes para Esquerda Unida no marco do 25N. O primeiro deles é que a nosa organización participará nos actos convocados polo movemento feminista, tal e como levamos a facer dende a nosa constitución e, o segundo, é que queremos trasladar que o día 28 de novembro celebraremos un acto, dende Esquerda Unida, sobre a violencia vicaria, é dicir, o uso dos menores por parte dos seus proxenitores ou terceiras persoas para causar dano ás súas nais”, explicou.

Veñen de cumprirse 30 anos da Convención de Dereitos das Nenas e dos Nenos e, no noso país, non temos normas que amparen aos menores nun marco tan complicado como é o da violencia de xénero”, sinalou. Neste senso, Solla reiterou que as leis actuais precisan dunha revisión, así como a propia Lei de Violencia do Estado, unha revisión na que se prime o interese do menor.

A actitude cínica da Xunta ante a Operación Carioca

Outro elemento que Solla resaltou na rolda de prensa foi en relación ao caso da Operación Carioca. “Fai un par de semanas, o vicepresidente da Xunta de Galicia anunciaba que se ía presentar un Plan Estratéxico Contra a Trata con fins de Explotación Sexual. Isto é un cinismo por parte dunha Xunta de Galicia que non executou no 2018 a globalidade dos Orzamentos en materia de Igualdade, e cínico tamén porque en que xullo Esquerda Unida solicitou á Xunta que se presentara como acusación popular no Caso Carioca”.

Esquerda Unida solicitou que o Concello de Lugo e a Xunta se presentaran como acusación popular e que exerceran, dunha vez por todas, as súas responsabilidades como administracións públicas. “Agora vai comezar o xuízo e os proxenetas poden non ser condenados, polo que se perpetúa o silencio cómplice por parte da Xunta de Galicia, tal e como dixemos en xullo e dicimos agora”, recalcou Solla. “O que non pode agora a administración é declararse abolicionista cando deixa ceibos delitos tan graves como a prostitución de menores e outros delitos graves relacionados coa trata e prostitución deses centos de mulleres nos diferentes clubs de alternes de Lugo. É lamentable que estas vítimas teñan que sufrir agora que moitos culpables queden impunes”, apuntou.

Por todo isto, volvemos demandar que a Xunta dea resposta a estes escritos e que “deixe de dicir que é abolicionista e que de explicacións polo abandono destas mulleres, actuando consecuentemente”, dixo Solla. Dende Esquerda Unida recalcamos a noso posicionamento a favor das teses abolicionistas, defendidas polo movemento feminista, que sitúa a prostitución como unha forma de violencia machista extrema.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago