O Colexio de Xornalistas organiza o vindeiro xoves a xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión
O Colexio de Xornalistas organiza o vindeiro xoves a xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión
Información
21 Noviembre 20191513 votos - Registrate para votar
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza a xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos, que terá lugar o vindeiro xoves 28 de novembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avenida de Castelao, s/n), en horario de 9:00 a 19:30 horas. Programa completo aqui.
O Colexio formula este debate ante a aparición de diferentes fenómenos que aumentan o peso da desinformación no panorama mediático. A proliferación de bulos e noticias falsas non é un fenómeno novo, mais o xornalismo ten a obriga de reflexionar sobre a súa expansión e de reformular as ferramentas para combatela..
Nesta xornada reuniranse xornalistas como Paolo Berizzi, Marta Peirano ou Edith Rodríguez, especializados en extremismos, desinformación e ataques á liberdade de expresión, que ofrecerán cadansúa conferencia. Ademais terán lugar tres mesas redondas con xornalistas, responsables de verificación e fact-checking e representantes do ámbito académico, cuxos nomes podes ver aqui: http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/programa-desinformacion.
A inscrición na xornada é gratuíta até completar o aforo do auditorio. Para asistir é preciso apuntarse a través deste formulario: https://forms.gle/1tDK3GW13bQ2BQRn6. Ás persoas asistentes entregaráselles un diploma acreditativo.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)