Información
Galicia

Prado denuncia a urxencia de Feijóo polo peche de camas mentres se disparan as listas de espera

Información
14 Julio 2016 1781 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz de sanidade, Montse Prado, denunciou no Parlamento o peche de un millar de camas por parte do Goberno galego durante os catros meses do verán, pese a que as listas de espera seguen en ascenso.

Montse Prado na Cámara galega

Montse Prado na Cámara galega

“Con listas de espera disparadas, cun incremento do 25%, toman a decisión de pechar camas e quirófanos durante catro meses de verán”, subliñou a deputada, tras criticar o “atrevemento” de Feijóo ao declarar que a sanidade “está mellor que cando el chegou fai sete anos” ignorando “as mobilizacións e queixas sistemáticas de profesionais e usuarios”.

O Bloque estima en 1.000 o número de camas pechadas, “dicimos aproximadamente, porque non teñen nin a valentía de dicir cantas cerran”, denunciou, nun contexto de “total falta de transparencia” da Consellería de Sanidade.

Prado tirou de datos para facer balance do período 2009-2016 con Feijóo como presidente da Xunta: “Redución do 18% do orzamento sanitario, que sobre todo afecta á atención primaria, un 34% de recorte en presuposto para persoal, -máis de 2.000 traballadores menos-, e desaparición de 600 camas do sistema público”.

A deputada nacionalista criticou a privatización continuada dos mais diversos servizos sanitarios, como a alta tecnoloxía, radioloxía, investigación, externalización de servizos estratéxicos como o de ambulancias para pasalo a mas de empresa vinculadas ao PP, privatización do servizo de cita previa, dos servizos de mantemento, de radioloxía, servizo de catering ou teleasistencia domiciliada.

Por parte da Consellería de Sanidade cualificaron de “decimonónico” o “asunto camas”, ademais de alegar que “o recurso cama” non mide a eficiencia da sanidade pública.

Otros articulos relacionados.....