Información
Galicia

Queremos Galego concentrouse hoxe diante do TSXG na Coruña para frear a nova ofensiva xudicial contra o galego nos concellos

Información
14 Abril 2016 3269 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

20160316 queremos galego lugo.jpgDurante o acto entregouse un escrito dirixido ao presidente da Sala que dictou a sentenza contra o galego

A sentenza do TSXG que elimina o dereito básico a utilizar o galego en servizos privatizados centrará as reinvidicacións da manifestación do 17 de maio que prevén masiva

A Coruña, 14/04/2016-. A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo concentrouse esta mañá ás portas da sede do TSXG, para mostrar o seu rexeitamento á sentenza da Sala do contencioso-administrativo, xa recorrida polo Concello de Lugo.

Durante o acto Queremos Galego fixo entrega dun escrito dirixido ao presidente da Sala, indicando o posicionamento de Queremos Galego contra unha sentenza que elimina aspectos básicos da Ordenanza de uso do galego en Lugo, como o dereito da cidadanía a recibir igualdade de trato ao se dirixir en galego a servizos contratados pola administración a empresas privadas; o recoñecemento do galego como lingua propia e oficial do Concello de Lugo; a rotulación en galego de oficinas, despachos e sinalización viaria; o efecto normalizador das axudas e subvencións; ou cuestións tan evidentes como a existencia dun ámbito lingüístico galego.

Sentenza contra os acordos impulsados coa mobilización social

O portavoz da plataforma cidadá Queremos Galego, Marcos Maceira, puxo de relevo a existencia neste momento de discriminacións en servizos públicos polo uso do galego: “hai persoas en Galiza ás que se lle negou atención en servizos municipais en Galiza só por falar galego alegando o dereito ao descoñecemento por parte das empresas que prestan o servizo”, precisamente unha das cuestións que viña a solucionar a ordenanza de Lugo e outras que se están a tramitar en Galiza.

“Falamos galego e queremos facelo en liberdade sen coaccións de ningún tipo para que mudemos de lingua, e menos de empresas que deberían estar ao servizo da cidadanía, e non ao revés”, afirmou, para engadir que “parece que coa onda de privatizacións tamén queren recortar o dereito a vivirmos en galego”.

Por este motivo, sinalou o portavoz da plataforma, “temos que rexeitar sentenzas como esta que agreden acordos unánimes” en referencia á lexislación ou acordos nacionais que van deste a Lei de Normalización Lingüística, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, a lei de uso do galego como lingua oficial polas administracións locais; ou internacionais como a Carta Europea das Linguas ou da Declaración universal de dereitos lingüísticos. “Todos eles ratificados por todas as forzas políticas o pasado 15 de xullo a instancias da Mesa pola Normalización Lingüística”. Non se pode consentir que unha minoría amparada polo poder xudicial actúe contra acordos e dereitos conquistados pola inmensa maioría da sociedade galega

Avances para o galego

Para Queremos Galego non é suficiente frear estes ataques. “Galiza e a súa lingua precisan afondar nunha lexislación que ten que ser máis favorábel ao galego, precisamente para evitar sentenzas como esta, baseadas en interpretacións sectarias, baseadas na imposición de prexuízos seculares e contrarias a calquera paso adiante para a lingua de Galiza que estea encamiñado a conseguir un mínimo de igualdade e de oficialidade real.

Neste sentido o portavoz de Queremos Galego chamou ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feixó a cumprir coa súa obriga de defender o galego e Galiza, comezando por se sumar “ás miles de persoas que reclaman o seu dereito a vivir en galego con plena normalidade e a actuar promovendo mudanzas lexislativas”, tan necesarias, sinalou “cando aínda en 2016 hai máis de 500 disposicións legais que amparan ou obrigan ao uso do castelán fronte a menos dunha decena a favor do galego e que no mellor dos casos consinten simplesmente o seu uso”.   17 de maio: o idioma é a vida

O portavoz de Queremos Galego avanzou que o lema do vindeiro 17 de maio será “o idioma é a vida”, comezo dun coñecido verso do poema “A fala” de Manuel María. Maceira sinalou tamén que agardan un 17 de maio masivo que contribúa dunha maneira decisiva a devolver o galego ao lugar de normalidade e pleno dereito que nunca debeu perder, así como a parar os ataques que está a sufrir con avances significativos.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago