Según o gabinete de comunicación da Xunta Ethel Vázquez a parte de Conselleira é especialista en pantallas acústicas

Información
Galicia | 23 Diciembre 2019 | 2239 Votos | Correo electrónico | Imprimir

DICE O COMUNICADO; A  conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou hoxe os traballos de reposición das pantallas acústicas desprendidas da Autovía Dozón-Ourense, ningunha informa sobre o peche do pariutyorio de verin . A LOCURA MEDIÁTICA DESCONTROLA A BAIXADA DE VOTOS NO PPdeG e leva ao delirio comunicativo aos gabinetes de comunciación da Xunta que dirixe Mar Sánchez Sierra..O mais grave e que envían un audio a CRTVG e radios afins ordenando que teñen que emitir, si non desexan enfadar a Asesora do PPdeG Mar Sánchez Sierra e perder así as adxudicacións millonarias de publicidade.

 Adiantamos audio coas declaracións de Ethel Vázquez esta tarde en Dozón, Pontevedra, coincidindo coa supervisión dos traballos de reparación de danos do temporal no Alto de San Martiño.

Enviarase nota e fotos

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

A XUNTA SOLUCIONOU XA O 97% DAS PRETO DE 300 INCIDENCIAS REXISTRADAS NAS ESTRADAS DE TITULARIDADE AUTONÓMICA POR MOR DOS TEMPORAIS DA SEMANA PASADA

§ Actualmente só permanecen con afección ao tráfico dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo, que teñen cortado un carril e nas que cómpre actuar na estabilización de noiros

§  A provincia de Pontevedra foi a que rexistrou máis incidencias nas estradas xestionadas pola Xunta, todas xa solucionadas

§   A conselleira de Infraestruturas salienta a eficacia dos medios de conservación de estradas e gardería fluvial

§  Apunta que o sistema de predición de risco de inundación na Demarcación Galicia-Costa funcionou de forma correcta, alertando especialmente da situación das bacías dos ríos Tambre, Lérez e Mero

§   Os sistemas de predición e a coordinación informativa facilitaron o labor dos servizos de emerxencias e protección civil

 

 

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE 
social youtube xornalgalicia   feed-image