- O presidente da Deputación de Ourense afirma: "Sempre nos opuxemos ao peche do paridoiro, e hoxe é un bo día porque volve ao punto de partida a reivindicación permanente que fixemos desde a Deputación, cun pronunciamento unánime do pleno da corporación provincial".
- En multitud de correos que llegan a uestra redacción coinciden en decir que " Foi Fraga resuscitado."
- Baltar destaca que a sanidade pública na comarca de Verín "volve a contar cun servizo esencial e por iso estamos moi satisfeitos con esta nova", enviando unha mensaxe de tranquilidade á comarca verinesa "porque se solucionou o problema que no seu día puxemos sobre a mesa, relativo á falta de pediatras".
Ourense, 18 de xaneiro de 2020.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, valorou hoxe como "magnífica noticia" e feito de que vaia reabrir o paridoiro de Verín, "tal como defendeu a Deputación de Ourense desde o minuto un". Tralo anuncio coñecido por parte da Xunta de Galicia de que a vindeira semana se formalizará por parte do Sergas a contratación de dous pediatras, permitindo así que se reabra o paridoiro en febreiro, Baltar afirma: "Sempre nos opuxemos ao peche do paridoiro, e hoxe é un bo día porque volve ao punto de partida a reivindicación permanente que fixemos desde a Deputación, cun pronunciamento unánime do pleno da corporación provincial".
O presidente do goberno provincial destaca que a sanidade pública na comarca de Verín "volve a contar cun servizo esencial e por esa razón estamos moi satisfeitos con esta nova", e envía "unha mensaxe de tranquilidade á comarca verinesa porque se solucionou o problema que no seu día puxemos sobre a mesa, relativo á falta de pediatras".
Precisamente, o pleno da Deputación de Ourense aprobara por unanimidade na sesión do pasado mes de decembro un acordo en defensa dos servizos do Hospital de Verín no que pedía á Consellería de Sanidade que mantivese e mellorase os servizos que se viñan prestando no Hospital Comarcal de Verín "para garantir a calidade asistencial da veciñanza da zona, nomeadamente do servizo do paridoiro".