Información
Galicia

Esixen información das relacións de Feijóo con Isidro de la Cal e porque non lle reclamou os 23 millons de euros que debe a Xunta

Información
26 Enero 2020 492 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A representación da CIG no comité de Isidro 1952 quere trasladar a súa preocupación polo futuro da factoría e dos empregos ante o cúmulo de despropósitos acontecidos nesta última semana. Se o venres pasado Pablo García-Gascó comunicaba de maneira informal á presidenta do comité que a empresa fora vendida, esta semana coa mesma falta de transparencia e rigor, a dirección trasladáballe ao comité que a operación ficou suspendida e que non haberá venda.

De xeito paralelo, o presunto comprador, Carlos García Martín, pedía o apoio do cadro de persoal para forzar a venta e queixábase de que non se lle permitía a entrada na fábrica de Cambre, que cualificou como "a súa empresa".

 

Todo este esperpento acontece tras as numerosas noticias aparecidas nos medios de comunicación cuestionando a solvencia de Carlos García Martín e sen que a parte social coñeza os termos e condicións dese presunto acordo privado de compra-venda que, por certo, na reunión mantida esta semana con García Martín, este xa daba por pechado.

Este venres remata o prazo para remitir a documentación ao xulgado

Diante disto, a representación social pídelle á actual propiedade que facilite datos concretos sobre a situación da empresa e que pasos vai dar, tendo en conta que Isidro 1952 ten solicitado o concurso e que o prazo para presentar a documentación requirida polo xulgado do mercantil remata este venres, 24 de xaneiro. Non obstante, este prazo é ampliábel até o vindeiro luns e partir de aí, en función de se empresa remite ou non a información requirida, nomearanse os/as administradores/as concursais, cuxa designación podería adiarse até a primeira semana de febreiro.

A este respecto, as delegadas da CIG pídenlle a dirección a maior dilixencia na entrega da documentación para canto antes poder comezar coas actuacións concursais e dotar de amparo legal aos traballadores e traballadoras, que levan meses sumidos na absoluta incerteza sobre o seu futuro. E atendendo a esta circunstancia, a representación da CIG demanda da dirección que non aplique nin o ERE de extinción nin modificación das condicións laborais e salariais.

Intervención da Xunta

De igual xeito, a CIG xa puxo en coñecemento da  Xunta de Galiza a opaca operación de compra-venda e pediu a inmediata intervención da Administración galega. Neste senso, unha vez sexa admitido o concurso, a representación social solicitará as oportunas xuntanzas coa administración concursal e coa Xunta de Galiza para buscar unha solución viábel que garanta a continuidade dos 225 empregos e da actividade produtiva na fábrica de Cambre, nas piscifactorías e nos criadeiros, así como que se proceda ao pago dos salarios adebedados no menor prazo posíbel.

Ante a situación xerada e o malestar existente entre o cadro de persoal por todo o acontecido, o comité de Isidro 1952 proporá a convocatoria de novas mobilizacións nos vindeiros días.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....