Información
Galicia

No Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo, "Once anos de danos á saúde mental en Galicia"

Información
05 Marzo 2020 1049 votos

Balance da acción de goberno na Xunta do Partido Popular de Feijóo.Balance da acción de goberno na Xunta do Partido Popular de Feijóo.Once anos de danos á saúde mental en Galicia.Once anos é moito tempo na evolución da saúde da poboación. Tamén o é para coñecer autilidade e intención das políticas sanitarias desenvolvidas por un goberno.Nestes últimos once anos de goberno da Xunta de Galicia polo Partido Popular (PP), presididopor Alberto Núñez Feijóo (abreviado, neste texto, como Feijóo), son identificables dez eixosprincipais que foron a guía da súa acción política e de xestión da atención á saúde mental dapoboación galega.Cómpre agora, cando se volve a convocar ás urnas, valorar o grao de cumprimento das obrigasque como gobernante tiña quen ocupou a Xunta tanto tempo seguido.

Foron os eixos da súa política:1. Desplanificación. Cando Feijóo accedeu ao goberno da Xunta, a primeira acción nesteeido foi a paralización do Plan Estratéxico de Saúde Mental Galicia 2006-2011, que seatopaba en desenvolvemento á súa chegada. E, dende aquela, a atención á saúdemental seguiu sen planificación, incumprindo así a primeira obriga dun gobernante:ordenar recursos dispoñibles e prioridades, máis necesario aínda cando estaba acomezar a crise financeira que tanto dano causou, e causa, á poboación máisvulnerable.2. Ocultamento á poboación e ao Parlamento do estado de saúde da comunidade,negándolle o coñecemento da gravidade que se reflexaba nos datos dos que dispoñíaa Consellería. O exemplo máis escandaloso foi o ocorrido co suicidio. Asistimos nestacuestión, ao longo de varios anos, a como portavoces do PP e mesmo Feijoo negaronante o Parlamento e a opinión pública a importancia dos datos que informaban doincremento dos suicidios en Galicia. Quedan para historia os seus rexeitamentos daspropostas da oposición política e dos movementos sociais para que a Xunta elaboraseo plan de prevención tal como reclamaba a OMS, e tal como asumira o Estado Españolna 66ª Asemblea Mundial da Saúde.O PP e Feijóo temían os efectos políticos de que se demostrase a relación entre criseeconómica, recortes na sanidade e na protección social que estaban a realizar, eaumento dos suicidios. Sen pudor Feijóo subordinou a necesidade de prevenciónsanitaria ao seu interese político. E cando, por fin, elaboraron o plan despois demobilizacións na rúa, este só quedou en mero papel (para os efectos non merecemaior consideración a realización de catro cursos para sanitarios), sen orzamento, senresponsable e sen plan de execución.23. Vulneración dos dereitos das persoas con necesidades de atención en saúde mental.Son exemplos especialmente salientables: a indiferenza manifestada polos xerarcassanitarios do PP ante a gravidade da práctica da contención mecánica na Unidade deHospitalización Psiquiátrica do Complexo Hospitalario da Coruña (corrixida cando foisacada á rúa a denuncia da mesma), e a súa oposición á proposta parlamentaria deactuación neste eido dun xeito acorde coas orientacións do Consello de Europa, paraavanzar na súa superación.Pero tamén foi unha importante vulneración de dereitos das persoas a negación defacto de prestacións sanitarias a usuarios/as do SERGAS mediante listas de espera queimpediron o acceso efectivo ás mesmas, e a limitadísima dotación de profesionais paraproporcionalas; non podendo deixar de salientarse que este estado de cousasconstitúe un verdadeiro maltrato á infancia necesitada de atención.4. Maltrato e discriminación das persoas ingresadas e residentes nos hospitaispsiquiátricos de Galicia. Neste tempo de goberno do PP de Feijóo foron denunciadasas condicións residenciais e os tratamentos inaceptables aos/ás residentes no HospitalPsiquiátrico de Conxo (Santiago) e no de Calde (Lugo). En ámbolos dous casos, xuntoco Hospital Nicolás Peña (Vigo), tamén se constatou a insuficiente dotaciónprofesional deses centros.O caso máis grave coñecido, aínda en investigación polo Mecanismo Nacional dePrevención da Tortura, é o do Hospital Psiquiátrico de Conxo, tanto pola diversidadede irregularidades constatadas como polo desleixo manifestado pola Xunta ante osrequirimentos do Defensor del Pueblo.Mención particular merece a “externalización” nestes anos (traslado a outrasinstitucións) de residentes de longa estadía nos hospitais psiquiátricos de Galicia, quenutriron en non poucos casos a residencias privadas (cando eses centros se atopabanen plena crise de negocio) inadecuadas para atendelos/as. Nalgún caso relacionouseesa “reubicación” con danos fatais porque o centro de recepción carecía de condiciónsadecuadas . Noutros casos, cando o negocio deses centros mellorou, devolveron a esaspersoas “externalizadas” ao Hospital Psiquiátrico.En calquera caso, lugares e relacións persoais que foron o marco de vida non elixidopor esas persoas viuse modificado sen que se respectase a súa vontade e o dereito ásúa continuidade biográfica.5. Politización da estrutura de xestión sanitaria mediante a designación de profesionaispoliticamente submisos ao partido gobernante como xefes de servizo ou outrosmandos intermedios-baixos, e maltrato profesional a determinados opositorespolíticos.Foi o exemplo máis salientable disto o que estivo a ocorrer coa xefatura de servizo depsiquiatría da Área Sanitaria de Pontevedra, onde mesmo resolucións xudiciais foronconfrontadas inutilmente polos gobernantes ata o punto de rondar a figura penal do3desacato, para tentar impedir que quen tiña os maiores méritos e capacidade paradirixir o citado servizo ocupara a praza na que estaba acantonado un fiel político doPP. Pero tamén se observou a politización e a falla de transparencia na xestión denomeamentos de profesionais para coberturas temporais de prazas ou na ubicación deprofesionais nas unidades asistenciais das áreas sanitarias.6. Engano sostido á sociedade e ao Parlamento sobre as actuacións en saúde mental daConsellería de Sanidade e do SERGAS. Así ocorreu co plan de prevención do suicidio efinalizou co plan galego de saúde mental do que, dende 2017 e en diversas ocasións,dixo o Conselleiro que xa se atopaba en elaboración. Polo que se ve, mentiu. Seguimosá súa espera, como seguimos pendentes da materialización do plan respecto aosuicidio. Outra vez a manipulación política apareceu guiando a xestión sanitaria: aúnica razón para prometer dende a Xunta eses plans, reclamados moito antes dende amobilización na rúa e dende a oposición política no Parlamento, faise agora patenteque non era outra que intentar a desactivación desas reivindicacións (taménreclamadas pola OMS), e así retirar do debate e da crítica pública unhas cuestións queprexudicaban a imaxe política de Feijóo e do PP tanto en Galicia como fóra dela.7. Pobreza e infradotación de recursos públicos específicos para a atención á saúdemental. En termos xerais atopámonos cunha dotación de profesionais sanitarios quechega a ser do 50% dos recursos estimados como necesarios para unha atenciónadecuada á saúde mental, segundo o previsto nos plans que se elaboraron hai máis detrinta anos ¡¡sendo daquela gobernante o PP!!.Pero, se isto é chamativo, aínda é máis grave se atendemos ao empeoramento nestesanos das condicións de vida e traballo da xente, ao agravamento da saúde mental dapoboación segundo os datos epidemiolóxicos dispoñibles, e ao aumento do consumode psicofármacos (principal resposta sanitaria ao malestar colectivo e ao sufrimentodas persoas, co perigo que isto conleva, xa e a longo prazo, para a saúde pública).Se a isto sumamos o dano sufrido pola Atención Primaria de Saúde, temos unha imaxesanitaria temible da saúde mental da poboación galega.8. Propaganda e control informativo como principal medio de actuación da Conselleríade Sanidade ante as denuncias da situación; seguindo a resposta oficial un guióncaracterístico conformado por: reconto dos recursos existentes (mesmo chegando apresentar como propias realizacións de gobernos dende a mesma creación daAutonomía), louvanza aos profesionais e parapeto tras os mesmos (aínda que estesnon foran interpelados), atribución a quen fai as críticas de desconsideración aotraballo daqueles/as, e por fin contraprogramación anunciando calquera novasanitaria que ocupe espazo nos medios aínda que sexa repetición de novas pasadas.Pero esta forma de actuar deixa cousas absurdas detrás, e sirva como exemplo oocorrido co proxecto Master Mind de tratamento da depresión mediantetelemedicina, do que non se volveu saber pero que ocupou páxinas en medios decomunicación cando se intensificaban a crise económica e os recortes.49. Privatización de servizos, de prestacións, da planificación e traspaso a entidadesprivadas da atención ás persoas máis vulnerables.A privatización da atención á saúde mental en Galicia é unha constante dende haianos, adoptando varias formas: mediante a existencia de listas de espera nos servizos que fan buscarsolucións ás usuarias/os en consultas privadas de Psicoloxía Clínica ouPsiquiatría para recibir a atención á que teñen dereito no SERGAS pero quenon se lle dá, ou cando se lle dá é insuficiente, insatisfactoria ou só aparente(psicoterapia, atención psicolóxica, primeira consulta psiquiátrica, atención anenos/as nos que o tempo de espera é decisivo...). encargo de orientacións de actuación sanitaria (planificación) a entidadesprivadas establecendo relacións e recibindo consellos de empresas existentespara facer negocio coas necesidades de saúde da poboación (forma partedisto o encontro realizado pola titular da Consellería e os cargos de xestiónintermedios en saúde mental do SERGAS coa Fundación Bamberg baixo opatrocinio da industria farmacéutica). “traspaso” a entidades residenciais privadas de persoas residentes eninstitucións psiquiátricas públicas. concertos con entidades privadas para a prestación de atención psicolóxica ausuarios/as do SERGAS afectados por diversas enfermidades ou para darprestacións que son proporcionadas á sua vez no SERGAS, “externalizando” aprestación e creando así a posibilidade de relación “clientelar” co partidogobernante.10. Electoralismo e utilización das necesidades das persoas para recoller o seu voto, conabandono posterior da promesa. Foi un caso paradigmático o da unidade deHospitalización Psiquiátrica para Infancia e Adolescencia do sur de Galicia, previstapara situar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Prometida polos titulares daConsellería da Xunta do PP en varias ocasións, mesmo chegando a ofrecer a súainmediata apertura. Pero despois de que esa promesa xa non rendese electoralmentee comezase a crear contradicións na Consellería, sen xustificación nin explicaciónalgunha, caeu das intencións do goberno e deuse por inexistente... e así os medios decomunicación deixaron de falar disto.Este é, a trazo groso, o panorama en saúde mental despois de once anos de goberno do PP deFeijóo en Galicia.5Neste tempo non houbo nin unha soa autocrítica na Xunta do PP. Nin cando corrixironrecoñeceron que o estaban a facer.No goberno da sanidade en Galicia, no eido da saúde mental, foron incumpridas obrigasbásicas dos gobernantes. Protexer a saúde da poboación, previr que as persoas enfermen,tratalas e coidalas para que se recuperen son obrigas fundamentais de gobernantesresponsables. Tanto que, se non o fan, eses gobernantes non fan falla, son innecesarios, xaque entón só utilizan o goberno para as súas cousas.Non se coidou da xente por quen, antes que ninguén, estaba obrigado: o goberno da Xunta.Fíxose negocio coa saúde. Utilizouse a información para sobrevivir politicamente e ocultáronsedatos e actuacións. Compadreouse por algúns funcionarios públicos e gobernantes conpoderosos grupos de negocio sanitario. Mentiuse e intentouse desacreditar a persoas e gruposcríticos. Utilizouse polo PP a súa maioría parlamentaria para evitar o control e rexeitarcalquera proposta que non fose dos seus, e mesmo se controlou á anterior Valedora do Pobopara obter cobertura para as súas actuacións e omisións. Politizouse a xestión diaria ealimentouse o sectarismo profesional. Facilitouse coa política desenvolvida nestes anos oaumento da adicción da poboación e a súa intoxicación masiva con psicofármacos.Producíronse mortes por omisión do cumprimento do deber dos gobernantes.Hoxe, o primeiro problema a resolver para a mellora da saúde mental en Galicia é político, é ogoberno do PP de Feijóo. Cómpre cambialo.Chamamos a tódalas persoas sensibles e preocupadas por este estado de cousas na saúdemental a que contribúan coa súa participación á elección do goberno que Galicia necesita.En Santiago, 5 de marzo de 2020MOVEMENTO GALEGO DA SAUDE MENTAL

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago