A Audiencia condena a un ano e medio de cárcere ao excontable da Confraría de Pescadores do Grove

Información
Galicia | 10 Marzo 2020 | 1843 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a un ano e medio de cárcere ao excontable da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove por cometer un delito de malversación de fondos públicos. A Audiencia tivo en conta as atenuantes de confesión, dilacións indebidas e ludopatía, así como a agravante de abuso de confianza. Ademais, impúxolle tres anos de inhabilitación e o pagamento das costas procesuais. En concepto de responsabilidade civil, o acusado deberá indemnizar á entidade con 28.000 euros e, a unha aseguradora, con 7.000. O sospeitoso, segundo consta na sentenza, ideou a principios de 2009 un plan para facer súas diversas cantidades de cartos propiedade da Confraría de Pescadores que tiña ao seu cargo e disposición. A Audiencia destaca que o condenado admitiu que fixo diversas transferencias das contas da entidade ás súas.